segunda-feira, 25 de Abril de 2011

125 ANIVERSARIO DE CASTELAO, convite á proxección do documental.

Mércores 27 de abril ás 20:30 h, Auditorio Municipal. Praza do Rei, Vigo.
Historiadores e protagonistas relatan a traxectoria do galeguismo político dende mediados do século XIX aos nosos días.
Presentación:
Santiago Domínguez, Tenente de Alcalde do concello de Vigo.
Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura.
Xabier Macías/Comba Campoy, directores do documental.

domingo, 17 de Abril de 2011

Hei tragar as balas


Quero tragar as balas que me apuntan
coa única intención de derrubarme
Hei tragar as balas
coa indiferenza
do que supera ao inimigo cun sorriso
Terei a ousadía de enfrontarme
aínda que, permaneza desafiante
diante miña coa súa intolerancia
Serei quen de seguir
a pesar das tendencias manipuladoras
homicidas
que me saen ao camiño
poñéndome obstáculos
Este é un pobo forte
onde as eguas paren soas no monte
Miña nai grávida
transmitiume a palabra de seu
canalizada de xeito umbilical
e eu posúoa como a herdanza máis prezada
Por iso, endexamais tremerei
e engulirei as bágoas ao son de:
lingua de meu, adiante, loita, liberdade!

Cruz Martínez