domingo, 25 de março de 2012

O 17M en Compostela

Manifestación o día das Letras Galegas

http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/175
(O presidente da Mesa e portavoz da plataforma, Carlos Callón, sinalou que "hai demasiados motivos para nos movermos, porque a caza de bruxas contra o noso idioma se agudizou nestes tres anos de lexislatura e as vulneracións dos nosos dereitos lingüísticos son cada vez maiores". "Mesmo se ataca o máis básico, como é recoñecer que o galego é a lingua propia de Galiza", denunciou. )

quarta-feira, 21 de março de 2012

Caso aberto, Arquivo Pacheco

Manuel Xestoso (membro da Asociación Cutural O Castro de Vigo). Pablo Prado, Pilar Abades e Vítor Vaqueiro.
Arriba, unha instantánea no momento da conferencia na Casa Galega da Cultura. Vítor Vaqueiro ex-director do Arquivo Pacheco 2007-2011, explicando a situación actual de desamparo e especulación da xoia histórica da cidade Olívica. Pilar Abades e Pablo Prado, o ex-equipo de traballo de documentación e investigación  no Arquivo, tamén expuxeron ao público a realidade vivida co caso Pacheco e o manto de silencio que cobre o futuro do diamante cultural na Casa das Artes. 
Ver vídeo do acto en :
http://asociacionocastro.blogspot.com.es/2012/03/video-arquivo-pacheco.html

sábado, 17 de março de 2012

20 de marzo, Arquivo Pacheco.



O martes 20, temos unha cita co Asociación Cultural O Castro de Vigo na Casa Galega da Cultura. Para asistir ao Debate Aberto sobre o Arquivo Pacheco ás 20h. Se queredes saber máis, entrade na ligazón que está na parte superior e navegaredes ata o blog da organización cultural.

terça-feira, 6 de março de 2012

GaliciaDixital. 18 poetas, só 18

"Galiza, terra pródiga en poetas, nunca foi cuestionada nos dons e nas proezas líricas, a non ser por un dos grandes poetas do “Siglo de Oro” castelán, que a non ter prebendas do Conde de Lemos, falou da inexistencia de poetas galicianos, claro que estaba nos tres séculos escuros de latón e non de ouro. Pero é que ignoraba toda a proxección de trobadores e xograres galego-portugueses que dinamizaron unha das maiores manifestacións líricas de Occidente nos séculos XII e XIII, dándonos aínda esa renovada primicia nos Cancioneiros Medievais? Coido que non, pero era mester degradar a Galiza en son de mando como sempre Castela fixo."
Artigo de Xosé Lois García
Para ler o artigo completo entra na ligazón:

segunda-feira, 5 de março de 2012

"Celso Emilio e o debate sobre a emigración galega”

"O Consello da Cultura Galega celebrará o vindeiro 24 de maio a xornada “Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega”. Tres relatorios e unha mesa redonda abordarán a biografía político-intelectual de Celso Emilio (Celanova, 1912-Vigo, 1979) no marco dos actos conmemorativos do seu centenario. Coordina a xornada o profesor Xosé Manoel Núñez Seixas."
http://cadernos.net/?p=3446
Cadernos de comunicación e análise