quinta-feira, 28 de junho de 2012

En Compostela o 30 de Xuño procederase á asemblea constituínte da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA)

A tod@s @s interesad@s:

Este sábado 30 de xuño, no salón de actos da Residencia Universitaria Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela, terán lugar as asembleas extraordinarias de Galiza co Galego e da constitución da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola”.
Desenvolverase a de Galiza co Galego a partir das 17 horas en primeira convocatoria e ás 17,30 horas en segunda, conforme á seguinte orde do día:
Lectura e aprobación da acta anterior da asemblea de Galiza co Galego.
Informe de xestión da Comisión Reitora de Galiza co Galego.
Incorporación de novas persoas a Galiza co Galego.
Debate sobre a constitución da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola”.
Votación de acordos de Galiza co Galego.

Breve receso.

Sobre as 18:30 horas procederase á apertura pública da asemblea constituínte da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA), coa seguinte orde do día:
Lectura e aprobación dos estatutos da CEPA.
Asinamento da acta de constitución da CEPA.
Elección do primeiro Consello Reitor da CEPA.
Elección da presidencia, vicepresidencia e secretaría da CEPA.

Información enviada por Galiza co Galego

Comisión Galiza co Galego
http://limiargalego.blogspot.com/
Venezuela, 33, B, 15404, Ferrol, A Coruña
Telf: 629891145

quinta-feira, 21 de junho de 2012

Un xulgado de Vigo ameaza con non admitir unha demanda en galego se non se presenta cunha tradución xurada ao castelán

É unha decisión “absurda e totalmente contraria a dereito” da secretaria xudicial, mais A Mesa advirte de que "non é a primeira vez que se producen discriminacións tan graves contra o galego nos xulgados".

Carlos Callón: “Vai sendo hora de que se tomen medidas contra o continuado racismo lingüístico na 
administración de xustiza”.

Entrade na Mesa:



Outra vez o xulgado de Vigo é noticia, mais polo vergoñento da súa acción retrógrada e ilegal... pois actúa en contra dos dereitos máis fundamentais dun pobo galego, o uso do idioma de seu en todos os ámbitos administrativos e burocráticos. 

segunda-feira, 18 de junho de 2012

LA TERRA I LES CAMPANES

FOU LA TERRA PORTADA,
fang matern al teu fang aplegat,
amb els lírics llorers,
al cementeri de Padrón ungits
per l'amor i el dolor de Rosalía...
santa estrofa primera d'aquest plany.

Per compondre les altres,
sonant per una mà de Sud a Nord,
totes les campanes de les esglésies,
que per tothom retrunyen,
i també se sentiran per la fosca,
no recullen en el coral de bronze
la mesura del nostre desconhort.

Per tu, Daniel, a més dels campanars,
senyalers de la mort empadronada,
han de sonar, de la vida, accents nous;
han de sonar les cordes dels esp'rits,
els metalls de les cosas;
de les coses,
on els homes deixen en esquinçalls
els esquinçalls de l'ànima.


Do libro PRANTO MATRICIAL de V. Paz-Andrade
Tradución de Francesc Vallverdú

quarta-feira, 13 de junho de 2012

NOITES POÉTICO-SUBVERSIVAS

O sábado 16 deste mes achegádevos ás Noites Poético-Subversivas en Ribadavia e xa veredes como a poesía ten moito que dicir...
Tamén teredes recital o 21 de xullo e o 15 de setembro, animádevos a participar!

sábado, 9 de junho de 2012

A oposición insta a Educación a mudar as normas lingüísticas tras admitir que "mentiu"


Falar de "imposición" do galego mentres se detectaba que a súa situación nas aulas era "moi desfavorable" a respecto do castelán. Asegurar que en"máis dun 20% dos centros imparte máis dun 80% das materias en galego e máis do 60% supera o 50%" cando, realmente, se comprobaba que a lingua propia era "minoritaria" entre o estudantado, especialmente na área atlántica e nas grandes cidades. A Consellería de Educación vén de admitir, como adiantou Praza Pública, que no inicio da lexislatura e no momento de aplicar o chamado "decreto do plurilingüismo" o Goberno galego era consciente da situación de desvantaxe da lingua galega. Esa diverxencia entre o discurso público da cúpula gobernamental e os datos que en realidade manexaba é, para os grupos da oposición parlamentaria, a "constatación" definitiva dunha "monumental mentira" ...

Para ver máis entra en Praza Pública:

http://praza.com/politica/1183/a-oposicion-insta-a-educacion-a-mudar-as-normas-linguisticas-tras-admitir-que-mentiu/

terça-feira, 5 de junho de 2012

"GALICIA NAS TERRAS DA GAITA"


Xoves 7, venres 8, sábado 9 e Domingo 10 de xuño. Catro días intensos para percorrer a historia da gaita dende a nosa cultura, e tamén dende outras culturas.
Máis información en:
http://centrosculturaisvigo.blogspot.com.es/