sábado, 6 de julho de 2019

Non estás soa irmá #NósCrémoste.

Dende o ‘Feminismo unitario de Vigo’ convocamos unha concentración o luns día 8 de xullo ás 20:00h diante do MARCO baixo os lemas: ‘Non é abuso, é violación’ ‘Irmá Eu creote’  para amosar o noso apoio á vítima da manada de Manresa.
Queremos mandar todo o noso apoio, solidaridade e forza nestes momentos nos que, unha vez mais a Xustiza Patriarcal xogou as súas cartas nunha recente resolución sobre unha deúncia por agresión sexual.
Vemos como a vítima non só recibe a violencia dun sistema xurídico patriarcal senón o odio mais descarnado e profundo como resposta que, por desgraza, fainos lembrar posturas políticas antifeministas que toda a sociedade debería rexeitar como retrogadas.
Por iso, nós, ante ese odio simplemente queremos dicirche ben forte: Non estás soa irmá #NósCrémoste.
Acude e espalla esta concentración

quinta-feira, 3 de janeiro de 2019

📣📣ALERTA FEMINISTA

Hoxe a Audiencia de Navarra decretou manter en liberdade provisional aos violadores ‘da manada’.

Crémoste! o Feminismo resposta! 🙆🙆🙆

Xuntas somos mais fortes!

Se é machista non é xustiza

Nengunha agresión sen resposta

Vémonos en VIGO venres 4 Decembro

ÁS 20: 00 h, no MARCO

sábado, 24 de março de 2018

Manifesto: “Basta xa!”

"Como galegas e galegos, que sabemos moito de humillacións e de falta de respecto á nosa dignidade como pobo, manifestamos a nosa repulsa pola forma en que o Estado español está a tratar o pobo catalán, as súas institucións democráticas e os seus e as súas lexítimas representantes políticas.
Repudiamos, e sentímonos tamén ameazados e ameazadas, polo empeño do Estado español no recurso á represión en forma de embargos, procesos, cárcere e exilio como contestación á manifestación da vontade política do pobo catalán, expresada nas urnas, a favor dun referendo de autodeterminación, e, en todo caso, a favor da superación do marco autonómico."
Avante Galiza!!