sábado, 26 de setembro de 2015

Segunda 28 à rua pois!!

CONVOCATORIA AOS MEDIOS
28.09.2015

A Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto convoca a toda a cidadanía a participar nas concentracións que terán lugar o luns 28 de setembro ás 20 horas en varias prazas do país, con motivo da conmemoración do Día de Acción global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto.
Mulleres integradas na PGDA amosaremos o noso rexeitamento á Lei publicada o pasado martes no BOE, que desposúe ás mozas do seu dereito a decidir sobre os seus corpos,  e que foi aprobada polo PP para contentar ao seu electorado máis conservador, agora que estamos ás portas das eleccións xerais.
Ao tempo, reivindicaremos os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, identificando aqueles que existen no marco legal, mais na práctica non se están a garantir.
No caso de  Vigo ficamos emprazadas ás 20 horas na Farola de Urzaiz , daremos leitura dun manifesto coas nosas reivindicacións en materia de dereitos sexuais e reprodutivos
Agardamos contar coa vosa presenza e difusión.

quinta-feira, 10 de setembro de 2015

segunda-feira, 7 de setembro de 2015

CONCENTRAÇÃO AMANHÃ DIA 8

LUGARES E HORAS DAS CONCENTRAÇÕES DA TERÇA 8 DE SETEMBRO:

A CORUÑA, Obelisco, ás 20 horas

FERROL, Praza do Concello, ás 20 horas

OURENSE, Subdelegación, ás 20 horas

PONTEVEDRA, Praza 8 de marzo, ás 20 horas

COMPOSTELA, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño, ás 20 horas

VIGO, no Marco, ás 20 horas

(Desde a CIG facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este martes, 8 de setembro, ás 20 horas, en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo, a quinta vítima da violencia machista no que vai de ano en Galiza.

Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Vigo e Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocamos concentracións en repulsa ao asasinato machista dunha muller na cidade de Vigo, ocorrido na tarde do domingo.
 
Estamos ante a quinta vítima oficial en Galiza, logo dos asasinatos de Isabel Fuentes no hospital de Ourense, de Beatriz Rodríguez Mariño e a súa parella en Arbo (aínda que este último non contabiliza nas estatísticas oficiais, como tampouco o fai o crime aínda sen resolver da muller asasinada preto do Seminario en Ourense), e as dúas meniñas asasinadas en Moraña o pasado mes polo seu pai.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.)