quarta-feira, 28 de dezembro de 2011

vídeo do acto "Nacemento e Morte do Reino"

http://asociacionocastro.blogspot.com/2011/12/video-do-acto-de-onte.html

A Asociación Cultural o Castro de Vigo deu onte unha conferencia versada na historia do Reino Galego. O historiador Anselmo López foi o relator convidado pola asociación para conducir aos asistentes na Casa Galega da Cultura, por un túnel do tempo que os enmeigou a tod@s no agridoce mel do pasado.

quarta-feira, 14 de dezembro de 2011

QUEREMOS GALEGO.- CONCENTRACIÓNS MAÑÁ E O SÁBADO EN SANTIAGO. ACUDE E DIFUNDE!

A plataforma unitaria acordou exixir do Parlamento o cesamento inmediato do Valedor do Pobo e a destitución do Conselleiro de Educación por respaldar publicamente a resolución que pide censurar o libro de texto que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza
A plataforma cidadá Queremos Galego, que impulsou e coordina A Mesa, convoca para esta quinta feira 15 de decembro e para o sábado 17 concentracións cidadás en Santiago de Compostela para exixir o cesamento de Benigno López, Valedor do Pobo, e do Conselleiro de Educación: 
[14/12/2011]
Esta quinta feira (xoves) 15 ás 11.30 diante da sede do Valedor do Pobo: Rúa do Hórreo (a carón do Parlamento de Galiza)

Sábado 17 ás 17 horas na Praza do Toural. 

Se tes perfil en facebook, agradecémosche que difundas o evento creado (podes visitar as páxinas da Mesa e de Queremos Galego! e facéreste seareira/o se aínda non es). Se tes conta de twitter, podes seguir a @amesanl e a @queremosgalego e reencamiñares os seus chíos. 

Acude, difunde e participa!


Tirado da páxina da Mesa

domingo, 11 de dezembro de 2011

EMBATE







Embate é unha revista político-cultural que informa da actualidade na Galiza.
Abrangue todos os temas de interese como o feminismo, nacionalismo, cinema, música, etc. Toca infinidade de paus con mestría e rigor, facendo da lectura un acto serio e comprometido.

domingo, 16 de outubro de 2011

Reportaxe sobre a lingua en V TV

http://www.carloscallon.com/2011/10/reportaxe-sobre-lingua-en-v-tv.html


V TV emitiu o pasado mes de maio, dentro do programa "Mobilízate", un pequeno documentario, de pouco máis de 40 minutos, sobre a situación do noso idioma.

Penso que é interesante de ver.



Ligazón collida do blog de Carlos Callón

sábado, 15 de outubro de 2011

Folga da CRTVG

A Radio e a Televisión Galega  fan unha xornada de folga para manifestarse contra a posibilidade da privatización deste Medio Público que é de todos os galeg@s.

sexta-feira, 30 de setembro de 2011

A Iniciativa Sermos Galiza en Vigo

Presentación da Iniciativa Social Sermos Galiza na Casa Galega da Cultura.  

De esquerda a dereita:  Xan Colazo da Asociación Cultural O Castro e Margarida Romero mais Néstor Rego do Grupo Promotor  Sermos Galiza.


Máis de cen persoas estiveron onte no acto de presentación de Sermos Galiza. Urxe a necesidade de contarmos cun medio de comunicación en galego!, para ser un País orgulloso do seu e da súa identidade como Nación. Aínda hai unha esperanza!.

Entrade nos blogs:
sermosgaliza.blogspot.com
asociacionocastro.blogspot.com

sábado, 24 de setembro de 2011

Será o xoves 29 de setembro...


Clica no título desta mensaxe e entra na páxina da Asociación Cultural O Castro para informarte mellor deste acto. 

quinta-feira, 18 de agosto de 2011

Adiante galeg@s!!!... fagamos unha concentración!!!

Querid@s amig@s:

Todos os que poidades quedar o martes 6 de setembro, en defensa da liberdade de expresión e do dereito a falarmos en galego, acudide ás 10:00 horas ao Xulgado de 1ª Instancia nº14 de Vigo.
Temos unha cita importante para loitar contra os tiranos, para demostrarlles a estes da Galicia Bilingüe e a súa Gloria Lago que o combate acaba de empezar e  non claudicaremos e que tampouco nos poden amedrentar. Por iso, temos que apoiar aos da Galiza Nova www.galizanova.org, que foron denunciados por esta señora e a súa organización reclamando 30.000 por seica; "atentar contra a súa honra"... e o único que fixera Galiza Nova foi que; a través dun boletín repartido ás portas do centro IES Santo Tomé, expoñía as queixas do estudantado sobre o papel desta docente.
Quérennos facer calar!
Nuncaaaa!
Denantes mortos ca escravos!!!  


sexta-feira, 5 de agosto de 2011

Outro medio de comunicación en galego que desaparece!!!

Agora o Xornal de Galicia... que nos espera?!.
O ataque contra o noso idioma cada vez é máis evidente. Vivimos nun réxime retrógrado e fascista e coa escusa da crise tapan con aleivosía toda acción xenófoga.
A loita continúa e con máis forza!!!
En tempos escuros hai que acender fachos de esperanza no combate.

http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1929

sábado, 30 de julho de 2011

Sermos Galiza


"SERMOS GALIZA é un proxecto colectivo que ten como obxectivo a creación dun grupo de comunicación libre, crítico e galego, que teña na Galiza o seu foco de atención e se exprese na nosa lingua.
SERMOS GALIZA nace dun grupo promotor plural, formado por persoas de distintos ámbitos de actuación e distintas procedencias. Denominador común de todas elas é seren conscientes da urxencia de contarmos con medios de comunicación galegos e en galego.
(...)
Por todo isto
SERMOS GALIZA es ti. Precisamos da túa enerxía, o teu apoio e a túa axuda, que se pode expresar de moitas formas. Indicámosche algunha delas:
Asinando o apoio no noso blog. http://sermosgaliza.blogspot.com.
Axudándonos a difundir a iniciativa a través dos teus contactos.
Converténdote en accionista de SERMOS GALIZA e, por tanto, en co-propietario do medio.
Subcribíndote ao semanario que sairá á rúa nos próximos meses. Para estares informado/a e leres un traballo xornalístico crítico, de interese e na nosa lingua.
Animando a tod@s @s que te rodean a que asinen o apoio, se convertan en accionistas e se subscriban ao semanario.
Colaborando con artigos, como fonte informativa, alertando de temas que tes próximos..."
sermosgaliza@gmail.com


Información collida do tríptico de Sermos Galiza entregado o 25 de xullo no Festigal, Día da Patria e día da presentación desta grande iniciativa. A nosa noraboa aos seus promotores!!! 

segunda-feira, 25 de julho de 2011

25 de xullo día da Patria Galega






O Día da Patria Galega representa para nós unha esperanza, un desexo, un soño de liberdade. A liberdade de sermos e vivirmos en galego. Unha Galiza ceibe que respire por todos os seus poros como nación, sen restrincións e en igualdade de condicións. 
Sempre en Galiza!!!
Sempre en Galego!!! 

segunda-feira, 27 de junho de 2011

A persecución contra o noso idioma continúa

Mañá sae por derradeira vez o xornal monolingüe en galego "Galicia Hoxe". Esta é unha pésima noticia para o noso idioma. Realmente, a man negra galegofóbica do goberno volve a atacarnos sen compaixón. Que será o seguinte?. Ficamos sen palabras, a consternación é terríbel...
Dende aquí, queremos expresar o noso apoio e agradecemento a todos os profesionais  de Galicia Hoxe.

http://www.galiciahoxe.com/comunicacion/gh/galicia-hoxe-sae-mana-rua-derradeira-vez/idEdicion-2011-06-27/idNoticia-682622/

quarta-feira, 18 de maio de 2011

Paremos os ataques contra o galego!!!






 O 17 de maio, "Día das Letras Galegas", houbo unha mobilización en prol do galego e en homenaxe a Lois Pereiro na Praza da Princesa en Vigo. Todas as personalidades da política e da cultura leron textos de Lois e uniron as súas voces con outras zonas da Galiza; Marín, Pontevedra, Santiago...
Esta multitudinaria concentración aviva os corazóns dos galegos e galegas para seguir adiante nesta dura loita!.

sexta-feira, 13 de maio de 2011

Audio (pequeno fragmento da Conferencia)

Audio.mp3

Recital-Conferencia do pasado 12

video
Vídeo dun momento da conferencia, na que recita un poema da nosa amada Rosalía.
Carlos Callón, o presidente d'A MESA pola Normalización Lingüística. 
 Onte xoves Carlos Callón, deu a todos os seus atentos asistentes un interesante percorrido pola literatura e historia da poesía galega. Este comprometido escritor, poeta, activista... é xa todo un persoeiro de relevancia, coñecido e recoñecido polo seu duro traballo en defenda do noso grande idioma.
Grazas a el e tamén a moitas  e moitos máis desta plataforma, que xa ten 25 anos, aínda nos queda a esperanza de que un día haberá xustiza para Galiza e para a súa Lingua Mater.

sábado, 7 de maio de 2011

12 de maio, no local d'A Mesa en Vigo

VIGO.- 'ITINERARIO POÉTICO POLA DEFENSA DO IDIOMA', O 12 DE MAIO

[06/05/2011]
O día 12 de maio ás 20 h, o local da Mesa pola Normalización Lingüística en Vigo acollerá un "Itinerario poético pola defensa do idioma", a cargo do presidente da Mesa, Carlos Callón.

Neste recital-conferencia, organizado conxuntamente co Concello de Vigo, farase un percurso pola historia contemporánea da lingua galega partindo de textos poéticos que a reivindican, desde os albores do Rexurdimento até os versos máis actuais das novas fornadas creativas. 

O local da Mesa en Vigo está na rúa Abeleira Menéndez, 28, baixo.

Arriba


Artigo sacado da páxina d'A Mesa.

segunda-feira, 25 de abril de 2011

125 ANIVERSARIO DE CASTELAO, convite á proxección do documental.

Mércores 27 de abril ás 20:30 h, Auditorio Municipal. Praza do Rei, Vigo.
Historiadores e protagonistas relatan a traxectoria do galeguismo político dende mediados do século XIX aos nosos días.
Presentación:
Santiago Domínguez, Tenente de Alcalde do concello de Vigo.
Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura.
Xabier Macías/Comba Campoy, directores do documental.

domingo, 17 de abril de 2011

Hei tragar as balas


Quero tragar as balas que me apuntan
coa única intención de derrubarme
Hei tragar as balas
coa indiferenza
do que supera ao inimigo cun sorriso
Terei a ousadía de enfrontarme
aínda que, permaneza desafiante
diante miña coa súa intolerancia
Serei quen de seguir
a pesar das tendencias manipuladoras
homicidas
que me saen ao camiño
poñéndome obstáculos
Este é un pobo forte
onde as eguas paren soas no monte
Miña nai grávida
transmitiume a palabra de seu
canalizada de xeito umbilical
e eu posúoa como a herdanza máis prezada
Por iso, endexamais tremerei
e engulirei as bágoas ao son de:
lingua de meu, adiante, loita, liberdade!

Cruz Martínez

terça-feira, 22 de fevereiro de 2011

En galego vivo Vigo

Deixo aquí esta ligazón, para que todas as persoas que estean interesadas en apoiar esta causa. Poidan facelo. Que é a de tod@s  @s galeg@s. Grazas

quarta-feira, 9 de fevereiro de 2011

III Xeiras sobre a Lingua Galega no CUVI (9, 10 e 11 de febreiro)











Na mesa: Cruz Martínez en representación da Asociación Cultural "O Castro" de Vigo, Xabier Pérez Secretario da Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" e Rocío presentando o acto.

sábado, 8 de janeiro de 2011

Recital "Palestina-Galiza"

video

Lembrei uma menina que conheci, uma menina de olhos lindos e , pai morto no mesmo ataque que a ela lhe deixou uma bala na perna. Dançamos e tornamos o mundo uma cócega enquanto brincavam a matar com uma bola outros pequenos, filhos da dor e da violência, lá em Palestina...

Brincavam a matar e ela olhava,
dançando e tecendo nós de espera,
lumes de pedra, em corpo próprio,
ternuras com memórias de profeta.
Em Gaza, entre a roda das papoilas,
no oco que o pai deixou na terra,
no metal em carne de memórias,
criava o som da paz na paz eterna,
enquanto eles brincavam a matar
com dor quase de água em fontes velhas,
e as flores nascidas da sua dança
brincavam a matar tempos de guerra."

Iolanda Aldrei