sábado, 6 de julho de 2019

Non estás soa irmá #NósCrémoste.

Dende o ‘Feminismo unitario de Vigo’ convocamos unha concentración o luns día 8 de xullo ás 20:00h diante do MARCO baixo os lemas: ‘Non é abuso, é violación’ ‘Irmá Eu creote’  para amosar o noso apoio á vítima da manada de Manresa.
Queremos mandar todo o noso apoio, solidaridade e forza nestes momentos nos que, unha vez mais a Xustiza Patriarcal xogou as súas cartas nunha recente resolución sobre unha deúncia por agresión sexual.
Vemos como a vítima non só recibe a violencia dun sistema xurídico patriarcal senón o odio mais descarnado e profundo como resposta que, por desgraza, fainos lembrar posturas políticas antifeministas que toda a sociedade debería rexeitar como retrogadas.
Por iso, nós, ante ese odio simplemente queremos dicirche ben forte: Non estás soa irmá #NósCrémoste.
Acude e espalla esta concentración

quinta-feira, 3 de janeiro de 2019

📣📣ALERTA FEMINISTA

Hoxe a Audiencia de Navarra decretou manter en liberdade provisional aos violadores ‘da manada’.

Crémoste! o Feminismo resposta! 🙆🙆🙆

Xuntas somos mais fortes!

Se é machista non é xustiza

Nengunha agresión sen resposta

Vémonos en VIGO venres 4 Decembro

ÁS 20: 00 h, no MARCO