segunda-feira, 23 de junho de 2014

A República Galega de 1931/Documentário


O 27 de Junho do 1931 é o Aniversário da República Galega

Pendurai uma bandeira galega na  janela. República Galega já!!!

sexta-feira, 20 de junho de 2014

Acampada en Vigo contra o masivo peche de camas no SERGAS


A Plataforma Sindical Sanitaria convoca unha manifestación en Vigo para o sábado 21 de xuño ás 12 horas desde o Marco.

As organizacións convocantes realizan un chamamento á cidadanía para asistir este.sábado a unha mobilización convocada contra a “destrución masiva do sistema sanitario público en beneficio de intereses privados”, e que vén dar continuidade ás numerosas accións realizadas nas últimas semanas contra o masivo peche de camas hospitalarias para o verán.

sexta-feira, 13 de junho de 2014

15 de xuño en Vigo!!!

Este vídeo ten as intervencións de Vitoria Iglesias, Mariluz Maset, Blanca Fernández, Sara Iglesias e Lola Ferreiro. O video foi emitido na festa solidaria coa plataforma galega polo dereito ao aborto do 30 de maio de 2014 no Pub Galo do Vento na zona vella da cidade de Vigo. No video dan testemuño a persoas falando sobre o dereito ao aborto non só falan do dereito ao aborto senon falan das etapas na historia coma eran vistas as rapazas e os tratos que elas recibian.
No vídeo falan mulleres dun amplo abanico de idades.
Texto da MMM de Vigo

domingo, 8 de junho de 2014

Carta de despedida de ontem dia 7 de junho. CADERNOS DE COMUNICACIÓN E ANÁLISE

Hoxe, 7 de xuño de 2014, Cadernos de Comunicación pecha logo de case 4 años de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñabamos para a diáspora galega.

Cadernos de Comunicación naceu cando a rede galega estaba nunha crise sen precedentes, e intentou converterse nunha iniciativa aberta que pretendía achegarse a toda a comunidade de galegos alí onde estivesen, na crenza de que nación galega é universal.

Como punto de encontro dos emigrantes galegos no mundo, Cadernos chegou a ser un medio de referencia na Galiza exterior. Sen embargo, e a pesar dese prestixio, Cadernos sempre foi un medio deficitario en apoios e colaboracións. Desgrazadamente, a nosa publicación non chegou a ilusionar o suficiente para que o espazo socio-político no que estabamos situados chegara a confiar en nós. A deslealdade dalgún medio dixital do país, a falta de respecto de todos os partidos políticos, pero tamén a lexítima competencia doutros, foron decisivos na nosa decisión de rematar o proxecto de Cadernos. Asumimos que non fomos quen de crear un produto de calidade suficiente para unha audiencia saturada de contidos. É indubidable que Cadernos de Comunicación non deu o “salto” que moitos agardabamos e polo tanto é imprescindible “repensar” o proxecto.

O certo é que o esgotamento dos que permanecemos na empresa é importante. Foi pois un final moi difícil nos que Cadernos intentou resistir, mais chegou a hora de renderse.

Neste momento, só resta darlles as grazas a todos os lectores, aos que creron neste proxecto, colaboraron nel e puxeron o seu grao de area para que outro xornalismo na Galiza exterior fose posible.

E moi especialmente a todos os que colaboraron connosco, mais, pola súa entrega e compromiso inesgotable, as nosas grazas eternas a Manuel Suárez Suárez, Xoán Antón Pérez Lema, Edmundo Moure Rojas, Xosé Manuel Galdo-Fonte e a Carta Maior, do Brasil que cedeu centos de artigos, gratuitamente, á nosa modesta publicación.

Foi un pracer. Até sempre.

sábado, 7 de junho de 2014

Escola de Empoderamento

 "Escola de Empoderamento", a comezar o vindeiro día 10 de xuño, martes, nos locais sindicais da CIG, situados en Gregorio Espiño, nº 47, entrechán, Vigo.

Este curso pretende ser unha unidade de formación abarcando prácticamente todo o ano, está formado por 4 módulos de formación máis un obradoiro de danza, este último remataría cunha xornada de baile nunha praza pública do Concello de Vigo.

Coincide o remate da formación co 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero e a nosa representación será un acto reivindicativo. 

quarta-feira, 4 de junho de 2014

XORNADAS “25 ANOS DE INSUBMISIÓN, 25 ANOS DESOBEDECENDO”


# Xoves 5 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
'Insumisión. 20 años desobedeciendo'
Proxección documental realizado polo KEM-MOC de Bilbo
# Sábado 7 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)

25 anos de insubmisión en Galiza.
Mesa redonda con insubmisos galegos.
# Sábado 14 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)

A Desobediencia Civil contra o Estado
e a Criminalización da Protesta
José Ángel Brandariz. Profesor de Dereito Penal da Universidade
da Coruña e antigo membro do MOC.
# Sábado 21 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)

Estratexias de desobediencia actuais: okupación,
desobediencia ao patriarcado, obxección fiscal.
Con compañeiras/os do CSO Palavea, Rede Feminista Galega
e Espazo Aberto Antimilitar.
# Sábado 28 de xuño, 20:30, A Revolta do Berbés (Rúa Real 12)

Presente e perspectivas de futuro do antimilitarismo
Pablo San José do Grupo Antimilitarista Tortuga.
# Durante todo o mes de xuño,

Exposición sobre o movemento de insubmisión
en Vigo, con materiais orixinais do MOC.
do 3 ao 21 de xuño na Cova dos Ratos e do 23 ao 28 na Revolta

segunda-feira, 2 de junho de 2014

A pela II República Galega!


 República sim,
mas Galega!
Hoje em toda Galiza
temos concentrações
para reclamar a República para Galiza.
Em Vigo vai ser às 20:00h na rua Príncipe no Marco.

@s galeg@s não queremos rei!!!
Imagens tiradas do facebook.

Galiza às 20h:
- A Coruña. Praza de Ourense, perante a Delegación do Goberno español.
- Lugo. Praza maior, perante a Casa do Concello.
- Pontevedra. Praza da Peregrina.
- Ferrol. Praza do Himno Galego.
- Ourense. Praza Maior.
- Santiago. Praza do Toural.
- Foz. Parque Conde Fontao.
- Vilagarcía de Arousa. Praza de Galiza.
- Cee. Praza 8 de Marzo.
- Xinzo da Limia, Praza Maior.