segunda-feira, 21 de março de 2016

MANIFESTO DA PGDA EN REXEITAMENTO AO PREMIO DE VIGUESAS DISTINGUIDAS Á RED MADRE

http://feminismo.eu/PlataformaAborto/manifesto-da-pgda-en-rexeitamento-ao-premio-de-viguesas-distinguidas-red-madre/

Dende a Plataforma Galega polo Dereito Aborto (PGDA) queremos manifestar o noso rexeitamento ante o feito de que neste ano 2016 o Concello de Vigo vai outorgar, a proposta do PP, á Red Madre o premio de vigueses e viguesas distinguidas.
Red Madre é unha organización apoiada polo ultraconservador Foro Español da Familia que atenta contra os dereitos das mulleres, e que conta ademáis co apoio da Administración pública galega, o que lle permitiu financiar con fondos públicos campañas en contra dos dereitos sexuais e reproductivos das mulleres.(...)

domingo, 10 de janeiro de 2016

CONCENTRACIÓN o día 14 de xaneiro ás 20:00 horas no MARCO. Contra a transfobia, a homofobia e contra toda discriminación e por unha educación inclusiva que garanta o benestar de todas as persoas...

Fallo estrepitoso o que temos entre as nosas mans, as familias, a escola, a sociedade, medios de comunicación e o propio Estado. Cando un adolescente transexual non ve outra saída que o suicidio é que pola súa mente teñen pasado infinidade de pensamentos, a non aceptación por parte do seu entorno, das institucións, ¡¡das persoas!! A onde chamo? Con quen falo? Quen pode escoitarme? É cruel que a escola falle, que os mecanismos dos que dispoñemos non sexan suficientes, que non se apliquen ata o final os protocolos, que fallemos as persoas, que miremos para o outro lado como se con esa actitude atallemos o problema. Estámolo a ignorar conscientemente. A solución non é fácil, pero si é posible. A aceptación por parte das familias (necesitan información, axuda e formación). O traballo nos centros educativos (sensibilización, traballo en grupo, formación do profesorado, formación do alumnado). Adaptación dos centros, espazos, mensaxes dos medios de comunicación, só é noticia a transexualidade dos nenos e das nenas cando acontecen sucesos como este? E a Administración falla, a xustiza é lenta, falta de sensibilidade, efectos colaterais como usuario/a de servizos, entremedias, ventanillas e ventanillas, dando explicacións repetidamente: son nena pero no meu DNI figura que son neno; son neno pero no meu DNI figura que son nena. Véxome obrigada por elo a utilizar o aseo de nenos no cole, aínda que son nena. E moitas situación similares ao longo do día, do mes, do curso … Por todo isto, FOANPAS convoca unha CONCENTRACIÓN o día 14 de xaneiro ás 20:00 horas no MARCO. Contra a transfobia, a homofobia e contra toda discriminación e por unha educación inclusiva que garanta o benestar de todas as persoas, de todos os nenos e de todas as nenas. Inversión, aposta, educación, educación, educación! Educación para a cidadanía xa! As leis educativas teñen que garantir o cumprimento dos protocolos e o fomento da convivencia sa nos centros educativos. 
A Xunta Directiva de FOANPAS.