Fallo estrepitoso o que temos entre as nosas mans, as familias, a escola, a sociedade,
medios de comunicación e o propio Estado.
Cando un adolescente transexual non ve outra saída que o suicidio é que pola súa
mente teñen pasado infinidade de pensamentos, a non aceptación por parte do seu
entorno, das institucións, ¡¡das persoas!!
A onde chamo?
Con quen falo?
Quen pode escoitarme?
É cruel que a escola falle, que os mecanismos dos que dispoñemos non sexan
suficientes, que non se apliquen ata o final os protocolos, que fallemos as persoas, que
miremos para o outro lado como se con esa actitude atallemos o problema. Estámolo a
ignorar conscientemente.
A solución non é fácil, pero si é posible. A aceptación por parte das familias (necesitan
información, axuda e formación). O traballo nos centros educativos (sensibilización,
traballo en grupo, formación do profesorado, formación do alumnado).
Adaptación dos centros, espazos, mensaxes dos medios de comunicación, só é noticia
a transexualidade dos nenos e das nenas cando acontecen sucesos como este?
E a Administración falla, a xustiza é lenta, falta de sensibilidade, efectos colaterais
como usuario/a de servizos, entremedias, ventanillas e ventanillas, dando explicacións
repetidamente: son nena pero no meu DNI figura que son neno; son neno pero no
meu DNI figura que son nena. Véxome obrigada por elo a utilizar o aseo de nenos no
cole, aínda que son nena. E moitas situación similares ao longo do día, do mes, do
curso …
Por todo isto, FOANPAS convoca unha CONCENTRACIÓN o día 14 de xaneiro ás 20:00
horas no MARCO. Contra a transfobia, a homofobia e contra toda discriminación e
por unha educación inclusiva que garanta o benestar de todas as persoas, de todos
os nenos e de todas as nenas.
Inversión, aposta, educación, educación, educación! Educación para a cidadanía xa!
As leis educativas teñen que garantir o cumprimento dos protocolos e o fomento da
convivencia sa nos centros educativos.
A Xunta Directiva de FOANPAS.
Sem comentários:
Enviar um comentário