sexta-feira, 18 de dezembro de 2015

Por Nós. En Nós. Vota por Nós.


Ao longo destes últimos meses partillamos un camiño. Un camiño que trazamos, percorremos e agora chega ao punto máis importante, a hora de decidir este domingo 20 de decembro se queremos que Galiza siga presente nos debates das Cortes Xerais do Estado ou damos un paso atrás como país.

Sabemos que todas e cada unha das persoas que formamos parte deste proxecto que construímos coas nosas propias mans temos unha arela fundamental: que a nosa voz se escoite alta e clara na defensa das maiorías sociais e do noso pobo. Vivimos temos nos que a mercadotecnia electoral e televisiva, o novo bipartidismo a catro é a nova aposta do sistema para que nada perigue e para que as nacións sen estado perdamos forza no que poda dar de si un suposto debate territorial na próxima lexislatura. 

E sabemos que non estamos dispostas. Que nos rebelamos contra o ditado do estabelecido, contra os guións amañados, contra os aplausos enlatados. 

Desde a Iniciativa pola Unión facemos un chamamento a dar todo o que teñamos, a apurar até o último minuto, para facer realidade o que todas e todos queremos: que a forza do noso pobo teña presenza en Madrid e continúe cun traballo de dúas décadas que colocou Galiza no mapa político do Estado. 

Por iso apelamos a cada un de todas e todo NÓS para que non só votemos este domingo 20 de decembro por NÓS CANDIDATURA GALEGA, se non que difundamos no noso ámbito de amizades, familia, traballo, estudos, a necesidade de apoiarNÓS, de quererNÓS, de votarNÓS. 

É un feito obxectivo recoñecido por todo o mundo que a batalla electoral nas redes sociais é NÓS quen a gaña. É unha realidade incuestionábel que centos de persoas se levan entregado na medida das súas posibilidades a facer unha campaña cooperativa, comunal, solidaria, de todas e todos NÓS. Falta só transformar esta enerxía, esta colaboración, esta capacidade para facernos ver como somos, sen maquillaxes de conveniencia electoral, sen aditivos e sen tutelas, e facelo onde todo se decice, nas urna, con votos. Depende de NÓS.

Recibe unha enorme aperta e non o esquezas: de aquí ao 20D só resta chegar e encher as urnas cun voto de país, en clave galega, na única clave posíbel. A nosa. NÓS.

VOTA NÓS, CANDIDATURA GALEGA.

Unha canción que xa é un himno. PORQUE ESTE SOÑO É NECESARIO PARA UN SOÑO. https://youtu.be/HY8UrbCLCuk

Si, é certo. QUERÉMOLO TODO. https://youtu.be/PenUWkviyDA

#GZtenquestar
#VotaPorNós





sábado, 26 de setembro de 2015

Segunda 28 à rua pois!!

CONVOCATORIA AOS MEDIOS
28.09.2015

A Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto convoca a toda a cidadanía a participar nas concentracións que terán lugar o luns 28 de setembro ás 20 horas en varias prazas do país, con motivo da conmemoración do Día de Acción global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto.
Mulleres integradas na PGDA amosaremos o noso rexeitamento á Lei publicada o pasado martes no BOE, que desposúe ás mozas do seu dereito a decidir sobre os seus corpos,  e que foi aprobada polo PP para contentar ao seu electorado máis conservador, agora que estamos ás portas das eleccións xerais.
Ao tempo, reivindicaremos os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, identificando aqueles que existen no marco legal, mais na práctica non se están a garantir.
No caso de  Vigo ficamos emprazadas ás 20 horas na Farola de Urzaiz , daremos leitura dun manifesto coas nosas reivindicacións en materia de dereitos sexuais e reprodutivos
Agardamos contar coa vosa presenza e difusión.

quinta-feira, 10 de setembro de 2015

O leite é o sangue da Galiza!!

https://www.facebook.com/cigconfederacionintersindicalgalega


Nem um passo atrás leiteiros!!.
Galiza é o mar e a terra que nos vê crescer. A luta continua!!. Avante ganadeiros!!.

Fotos tiradas da net.



segunda-feira, 7 de setembro de 2015

CONCENTRAÇÃO AMANHÃ DIA 8

LUGARES E HORAS DAS CONCENTRAÇÕES DA TERÇA 8 DE SETEMBRO:

A CORUÑA, Obelisco, ás 20 horas

FERROL, Praza do Concello, ás 20 horas

OURENSE, Subdelegación, ás 20 horas

PONTEVEDRA, Praza 8 de marzo, ás 20 horas

COMPOSTELA, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño, ás 20 horas

VIGO, no Marco, ás 20 horas

(Desde a CIG facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este martes, 8 de setembro, ás 20 horas, en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo, a quinta vítima da violencia machista no que vai de ano en Galiza.

Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Vigo e Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocamos concentracións en repulsa ao asasinato machista dunha muller na cidade de Vigo, ocorrido na tarde do domingo.
 
Estamos ante a quinta vítima oficial en Galiza, logo dos asasinatos de Isabel Fuentes no hospital de Ourense, de Beatriz Rodríguez Mariño e a súa parella en Arbo (aínda que este último non contabiliza nas estatísticas oficiais, como tampouco o fai o crime aínda sen resolver da muller asasinada preto do Seminario en Ourense), e as dúas meniñas asasinadas en Moraña o pasado mes polo seu pai.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.)

quarta-feira, 19 de agosto de 2015

Pela união já!!

https://polaunion.wordpress.com/2015/08/01/pola-union/comment-page-1/#comment-8

Pois sim, pela união já... Que fazem de nós um pandeiro oh!!.

POLA UNIÃO

Dentro de poucos meses, o governo do Partido Popular convocará eleições ao Parlamento Espanhol. Estas eleições vão-se celebrar numa situação marcada por uma das mais profundas crises que atravessaram Europa depois da II Guerra Mundial. No estado espanhol, a crise tem ademais características de seu: unha, na que ecoa o passado, constituída pola corrupção que percorre instituições públicas e privadas; outra, de exigência democrática, fornecida polos movimentos soberanistas, nomeadamente os de Catalunha e Euskadi
Nesta situação, e perante a possível  mudança constitucional que  nos vindouros tempos se vai levar a cabo, resulta inadiável para o nosso país a consecução duma Candidatura Unitária Galega  encaminhada a obtermos um grupo parlamentar que, com personalidade jurídica própria, reivindique para a nossa Terra, com decisão e sem ingerências alheias, o direito a decidir todas as questões que atinjam o seu futuro, que defenda a língua e a identidade dum povo que há quase um milênio gerou uma literatura e uma cultura que assombrou Europa; um GRUPO PARLAMENTAR GALEGO que trabalhe sem acougo na defensa da  economia e os recursos produtivos duma nação que, quando não se põe freio às suas capacidades, chega às mais altas cotas, como demonstram, por pormos só uns casos, os nossos marinheiros a pescar em mares de meio mundo, os nossos e nossas atletas medalhistas olímpicos, as nossas  investigadoras e investigadores em universidades dos cinco continentes; um GRUPO PARLAMENTAR GALEGO que persiga garantir os serviços públicos numa sociedade livre, igualitária, justa e democrática, capaz de se relacionar em pé de igualdade com mulheres e homes, povos e nações, culturas e tradições de todo o planeta e respeitosa co meio ambiente. Um GRUPO PARLAMENTAR GALEGO que evite o risco, real, de Galiza ficar atrás e que, em resumo, combata pola nossa dignidade coletiva e polo que ninguém tem pensado regalar-nos, téndomos bem presente que, ao longo da Historia, a unidade foi, é e será a nossa força, a nossa imensa força como povo.
Galiza, a 1 de agosto de 2015

quarta-feira, 5 de agosto de 2015

PORTOS DE GALICIA PROHIBE A INSTALACIÓN DUNHA INSCRICIÓN EN HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NO PEIRAO DE SANTA CRISTINA DE COBRES

O emprazamento foi escollido polo colectivo “A Regaduxa. Memoria Histórica de Vilaboa” porque nese lugar os presos de San Simón foron obrigados a realizar traballos forzados

O colectivo “A Regaduxa. Memoria Histórica de Vilaboa” denuncia a negativa de Portos de Galicia a instalar unha inscrición de homenaxe ás vítimas do franquismo no dique do peirao de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa). Trátase dunha intervención sobria e discreta, formada por letras en ferro cortén fixadas nas pedras do dique, co seguinte texto: “Memoria das vítimas do terror franquista en Vilaboa”.
A inscrición de homenaxe foi presentada o pasado 26 de abril, nun acto público que tivo lugar no citado peirao, coa participación de numerosas persoas e entidades que colaboraron para facer posíbel a lembranza das vítimas do franquismo. Despois de anos de trámites ante Portos de Galicia por parte do concello, nos que nunca houbo resposta por parte deste organismo dependente da Xunta de Galicia, o colectivo A Regaduxa promoveu esta intervención artística e presentou unha solicitude de autorización que foi respondida negativamente o pasado mes de xullo.
A Regaduxa considera que esta resposta negativa de Portos de Galicia responde a razóns ideolóxicas, como se demostrou nas conversas con diversos representantes do organismo, que puxeron obxeccións ao texto da inscrición por empregar a expresión “terror franquista”. Para A Regaduxa, Portos de Galicia e por extensión o Partido Popular actúan como continuadores e herdeiros do franquismo. E ao prohibir esta homenaxe, atentan contra a memoria das vítimas e as súas familias.
As razóns técnicas aducidas no escrito de denegación son a xuízo de A Regaduxa meras escusas para xustificar unha decisión política. Cando se alega como xustificación da negativa a restricción no acceso á zona portuaria e mesmo a perigosidade que suporía a contemplación da citada inscrición, ocúltase que estas zonas portuarias acollen habitualmente actividades lúdicas, recreativas, relixiosas e deportivas sen limitación de acceso. E que en varios portos de titularidade autonómica existen monumentos e inscricións que ao parecer non son tan molestos como o promovido en Vilaboa.
Ante esta actitude antidemocrática e atentatoria contra a memoria das vítimas, o colectivoA Regaduxa vai promover diferentes iniciativas para levar a cabo a citada homenaxe. Neste sentido, nas próximas semanas convocarase un acto público reivindicativo ao que se convidará ás asociacións de defensa da memoria histórica e á veciñanza comprometida con esta tarefa.
Vilaboa, 4 de agosto de 2015.
A nova en sermos e pontevedra viva

quinta-feira, 16 de julho de 2015

Um feito histórico!

Lido no dia de ontem...

DECLARACIÓN DE UNIDADE A PROL DA NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
A lingua galega é a grande obra colectiva do pobo galego. A que nos une e nos identifica, a que nos dá voz propia nun mundo plural e diverso ao que queremos contribuír.
O galego é garantía de futuro, de existencia digna e próspera como pobo. 
O idioma é o mellor instrumento común que creamos todas e todos os galegos 
e unha necesidade para avanzarmos xuntas as xeracións presentes, en todos os ámbitos, na cultura, na educación, no progreso social, económico e político. 
Recentes estudos de organismos oficiais voltaron pór de manifesto un preocupante retroceso social da lingua que mostra a necesidade de avanzarmos para 
erradicar vellos e novos prexuízos.
É preciso abrir unha nova etapa de normalidade para a lingua galega, 
coa implicación de todos os sectores, afirmando conxuntamente a nosa 
intención de aplicación, mellora e introdución de todo canto for preciso para 
garantir o dereito a vivirmos en galego e conseguirmos para el verdadeira 
igualdade e oficialidade real, tomando como punto de partida os acordos 
comúns e amplos establecidos na Lei de Normalización Lingüística, na Lei
 de uso do galego como lingua oficial de Galiza polas entidades locais, e no 
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004.
Do mesmo xeito, reafirmámonos no disposto na Declaración Universal dos 
Dereitos Lingüísticos promovida en 1996 pola UNESCO e na Carta Europea 
das Linguas Rexionais e Minorizadas promovida polo Consello de Europa e 
ratificada polo Estado español en 2001, e ambas as dúas coa adhesión unánime 
do Parlamento galego.
As organizacións políticas galegas, coas nosas diferentes alternativas, 
proxectos e ideoloxías, queremos manifestar a nosa unidade na vontade de 
normalizar a lingua galega e devolverlle o protagonismo que nunca debeu perder, retomando e iniciando todas as medidas e accións que foren precisas para a súa reposición, rehabilitación e plena normalidade, comprometéndonos a reactivalas e promovelas en todas as áreas e institucións onde teñamos responsabilidade 
de goberno.
Santiago de Compostela, Galiza, 15 de xullo de 2015.
No 130 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro.
A Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüísitica

terça-feira, 23 de junho de 2015

Redesenho do Oriente Meio pelo Imperialismo...

(Desde Mar de Lumes temos o pracer de convidarte á conferencia que celebraremos esta vindeira sexta-feira e que trataremos a situación actual no Oriente Medio.

Charla coloquio introducida por José Emílio Vicente  (profesor de Historia), que versará sobre a ofensiva imperialista e redeseño da Asia Sul-Occidental, así como dos principais axentes dos numerosos conflitos que someten hoxe esta área a unha situación de guerra case total, a comezar polo auto-denominado "Estado Islámico". Organiza Mar de Lumes. Sexta-feira ás 20:00 na Andel Libraría)
 

https://www.facebook.com/events/937134489670843/

quinta-feira, 18 de junho de 2015

"Convocatória dum Foro Galego para o debate político"

NOTA DE IMPRENSA

"Convocatória dum Foro Galego para o debate político"

Galiza, 15 de junho de 2015. Convocatória pública para criar um foro de debate político em chave galega que seja quem de tirar propostas de futuro e de trabalho concreto para a Galiza além do marco eleitoral.

Diante da situação de emergência social, cultural, política, económica e institucional em que está mergulhada a sociedade galega, um grupo de pessoas de diversas comarcas da Galiza, com ou sem militância partidária, sentimos a necessidade de abrirmos espaços de colaboração e reflexão tanto a nível local como nacional. O objetivo concretiza-se em, a partir da situação de cada zona, ir construindo uma alternativa centrada nas pessoas e na realidade galega. Como ponto de partida do processo, apresentamos o manifesto disponível emwww.forogalegodebate.org e fazemos um chamamento para a participação num encontro nacional para dar forma concreta a este desenvolvimento, a celebrar no Centro Social de Vite em Compostela, de 10h30 a 13h30 do sábado 27 de junho.



Manifesto: www.forogalegodebate.org
Contato: foroentendimento@gmail.com

quinta-feira, 11 de junho de 2015

Campanha de Recolhida de Alimentos, Solidariedade de Clase !!!


RECOLLIDA DE ALIMENTOS NO LOCAL DE VIGO, PLAN DE AXUDA ALIMENTAR SOLIDARIO.
 
Compañeiro/a:
 
En relación ao Plan de Axuda Alimentar Solidario, informarte que a partir deste mes de xuño a recollida de alimentos farase de xeito permanente nas caixas colocadas na recepción do local de Vigo.
 
O Plan de Axuda Alimentar Solidario en Vigo, xa leva en marcha desde fai máis dun ano, repartindo mensualmente alimentos entre aqueles compañeiros/as que solicitaron acollerse ao mesmo.
 
Lembrar que podes colaborar neste plan de varias maneiras, como voluntario, achegando alimentos, cota extraordinaria ou mediante doazóns voluntarias.
 
A túa colaboración é fundamental para manter o Plan de Axuda Alimentar Solidario, por exemplo mediante a recollida de alimentos na túa empresa ou achegando alimentos no local de Vigo semanalmente.
 
Solidariedade de Clase !!!
 
Vigo, 9 de xuño de 2015
  
 
Anxo Iglesias Covelo
Secretario de Organización CIG Vigo

terça-feira, 26 de maio de 2015

Convocatória Concentração para maio 2015


Como ven sendo habitual, a asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 28 de maio ás 20:00 h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións.


Neste ano foron asasinadas 19 mulleres, ademais das que están en eminente perigo sen unha sentenza que as ampare para axudas económicas e para protexer as súas vidas e a das fillas e fillos.
Esperamos que se esixan responsabilidades a quen ten o poder de decidir sobre a protección ou non nos casos de denuncia. Desta xa non puideron culpar á muller de non denunciar, non cumpriron coa súa obriga, decidiron coa súa vida por que teñen poder,  a sus señorías nunca lles pasa nada, por iso algunhas actúan con esa frivolidade.


            Lerase un comunicado en mostra de solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación do machismo, a violencia  de xénero.

Agardamos contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.


  

  Vigo, 18 de febreiro de 2015

  
Asdo. Rosa Fontaíña

Coordenadora e voceira da Rede 

quinta-feira, 21 de maio de 2015

Festa Solidária com a luta da rotunda!


Sempre gratas com o amigo Manolo Pipas!

"na bouza o sabado 23 as 6 da tarde
manolo pipas e luis o caruncho
botarán poemas e cantigas
e presentarán o caderno do amigo cronista
o barco a rotonda e nós 

e logo moito rock
que tesdes no cartaz


unha rotondiana aperta"
Pipas

quarta-feira, 18 de março de 2015

Manifa a prol da Saúde Pública!!

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/16-3-2015/a-cig-chama-a-participar-nas-mobilizacions-convocadas-por-sos-sanidade-publica-este-
http://www.cig-saude.info/VIGO/index.php?option=com_content&view=article&id=2403:a-cig-chama-a-participar-nas-mobilizacions-convocadas-por-sos-sanidade-publica-o-xoves-19-&catid=28:outras-novas&Itemid=49

19 de marzo

A CORUÑA. Casa do Mar. 20h.
BURELA. Hospital da Costa. 20:30h
O BARCO. Hospital Comarcal Valdeorras. 20h.
PONTEVEDRA. Hospital Provincial 20h.
BARBANZA. Ribeira, Praza do Concello, 20h
SANTIAGO. Praza do Toural, 20h
FERROL. Praza de Armas, 19h
VIGO. Praza de España, 20h.
OURENSE. Subdelegación do Goberno, no Parque de San Lázaro, 11:00 h
CANGAS. Casa do concello, 18h
MOAÑA. Centro de Saúde, 18h

quarta-feira, 11 de março de 2015

CARNE CRUA de Augusto Fontám em Cartabón

Na sexta 13 deste mês, apresenta Augusto Fontám o seu livro de poesia CARNE CRUA dura lex efémero em Vigo. Por volta das 20h, e acompanhado de Foni (Alfonso Díaz, autor do limiar). A livraria está sita em Urzaiz n.º125.