sexta-feira, 18 de dezembro de 2015

Por Nós. En Nós. Vota por Nós.


Ao longo destes últimos meses partillamos un camiño. Un camiño que trazamos, percorremos e agora chega ao punto máis importante, a hora de decidir este domingo 20 de decembro se queremos que Galiza siga presente nos debates das Cortes Xerais do Estado ou damos un paso atrás como país.

Sabemos que todas e cada unha das persoas que formamos parte deste proxecto que construímos coas nosas propias mans temos unha arela fundamental: que a nosa voz se escoite alta e clara na defensa das maiorías sociais e do noso pobo. Vivimos temos nos que a mercadotecnia electoral e televisiva, o novo bipartidismo a catro é a nova aposta do sistema para que nada perigue e para que as nacións sen estado perdamos forza no que poda dar de si un suposto debate territorial na próxima lexislatura. 

E sabemos que non estamos dispostas. Que nos rebelamos contra o ditado do estabelecido, contra os guións amañados, contra os aplausos enlatados. 

Desde a Iniciativa pola Unión facemos un chamamento a dar todo o que teñamos, a apurar até o último minuto, para facer realidade o que todas e todos queremos: que a forza do noso pobo teña presenza en Madrid e continúe cun traballo de dúas décadas que colocou Galiza no mapa político do Estado. 

Por iso apelamos a cada un de todas e todo NÓS para que non só votemos este domingo 20 de decembro por NÓS CANDIDATURA GALEGA, se non que difundamos no noso ámbito de amizades, familia, traballo, estudos, a necesidade de apoiarNÓS, de quererNÓS, de votarNÓS. 

É un feito obxectivo recoñecido por todo o mundo que a batalla electoral nas redes sociais é NÓS quen a gaña. É unha realidade incuestionábel que centos de persoas se levan entregado na medida das súas posibilidades a facer unha campaña cooperativa, comunal, solidaria, de todas e todos NÓS. Falta só transformar esta enerxía, esta colaboración, esta capacidade para facernos ver como somos, sen maquillaxes de conveniencia electoral, sen aditivos e sen tutelas, e facelo onde todo se decice, nas urna, con votos. Depende de NÓS.

Recibe unha enorme aperta e non o esquezas: de aquí ao 20D só resta chegar e encher as urnas cun voto de país, en clave galega, na única clave posíbel. A nosa. NÓS.

VOTA NÓS, CANDIDATURA GALEGA.

Unha canción que xa é un himno. PORQUE ESTE SOÑO É NECESARIO PARA UN SOÑO. https://youtu.be/HY8UrbCLCuk

Si, é certo. QUERÉMOLO TODO. https://youtu.be/PenUWkviyDA

#GZtenquestar
#VotaPorNós





Sem comentários:

Enviar um comentário