Como ven sendo habitual,
a asociación Rede de Mulleres Veciñais
contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o
vindeiro xoves día 28 de maio ás 20:00 h na Rúa Príncipe, diante do Museo
de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia
machista en todas as súas manifestacións.
Neste
ano foron asasinadas 19 mulleres, ademais das que están en eminente perigo sen
unha sentenza que as ampare para axudas económicas e para protexer as súas
vidas e a das fillas e fillos.
Esperamos que se esixan
responsabilidades a quen ten o poder de decidir sobre a protección ou non nos
casos de denuncia. Desta xa non puideron culpar á muller de non denunciar, non cumpriron
coa súa obriga, decidiron coa súa vida por que teñen poder, a sus señorías nunca lles pasa nada, por iso
algunhas actúan con esa frivolidade.
Lerase un
comunicado en mostra de
solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación do
machismo, a violencia de xénero.
Agardamos
contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores
sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.
Vigo, 18
de febreiro de 2015
Asdo. Rosa Fontaíña
Coordenadora e voceira da Rede
Sem comentários:
Enviar um comentário