sábado, 26 de setembro de 2015

Segunda 28 à rua pois!!

CONVOCATORIA AOS MEDIOS
28.09.2015

A Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto convoca a toda a cidadanía a participar nas concentracións que terán lugar o luns 28 de setembro ás 20 horas en varias prazas do país, con motivo da conmemoración do Día de Acción global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto.
Mulleres integradas na PGDA amosaremos o noso rexeitamento á Lei publicada o pasado martes no BOE, que desposúe ás mozas do seu dereito a decidir sobre os seus corpos,  e que foi aprobada polo PP para contentar ao seu electorado máis conservador, agora que estamos ás portas das eleccións xerais.
Ao tempo, reivindicaremos os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, identificando aqueles que existen no marco legal, mais na práctica non se están a garantir.
No caso de  Vigo ficamos emprazadas ás 20 horas na Farola de Urzaiz , daremos leitura dun manifesto coas nosas reivindicacións en materia de dereitos sexuais e reprodutivos
Agardamos contar coa vosa presenza e difusión.

Sem comentários:

Enviar um comentário