domingo, 26 de setembro de 2010

Rosalía...

reverdeces cada día tras a porta
a túa saudade é a noite dos tempos
e as verbas son
os illotes nun mar denso
limpa as bágoas do carraxe
e deixa que alumee a estrela na fronte
e nos beizos un cantar
Matria da Galiza e filla da esperanza
es a flor da soidade
dunha longa e escura, Noite de Pedra
que xamais acaba...
a túa é a nosa, Negra Sombra
que volve facéndonos mofa
e toda a señardade de séculos pasados
rómpenos os ósos
Ti, es o luceiro da alba
o referente histórico
que nos guía cara á loita
Rosalía...
flor da noite e filla da palabra
“Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!”


Versos finais de Federico García Lorca do poema:
CANZON DE CUNA PRA ROSALIA CASTRO,MORTA

Poema publicado no libro "Penúltimo Acto" (grupo de acción poética) nome tamén do colectivo.

rosanegra

domingo, 25 de julho de 2010


A Quintana ficou acugulada, encheuse a praza unha vez máis. Para erguer a voz reivindicando os dereitos lingüísticos e a autodeterminación.

domingo, 18 de julho de 2010

HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS

Versos inspirados no poema “Camiño Longo” do ano 1915.


A onde me leva este camiño
cheo de seixos e penedos
debuxando congostras
e cubríndome de poalla
humidificándome
polos labirintos e cumes
polas dores e saudades

camiñando, percorro lugares
coñezo soños e pesadelos
e pinto con paixón
choros e sorrisos secos
camiñando, móvome mentalmente
cara á luz que procura
con ansiedade e frustración...
tómbome e érgome
de tantas caídas reincidentes
de tantas cicatrices e dúbidas

A onde me leva este camiño
Polos ríos e os mares
Polos desertos e os polos
Pola vida e ata á morte
A morte é o destino
A vida é o camiño...

“ Camiño,camiño longo,
camiño da miña vida
escuro e triste de noite
e triste i escuro de día...
Camiño longo
da miña vida!”

rosanegra