quinta-feira, 12 de abril de 2012

A TVG, nin neutral nin íntegra

A televisión galega deixou de ser unha tv plural e cada día que pasa semella máis ao NODO español. Por ter xa nin teñen vergonza, onde está a nosa tvg!? a de tod@s.
Entrade nesta ligazón para saber máis:
http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/198

domingo, 1 de abril de 2012

As Fragas do Eume


Lume nas Fragas do Eume!!
Mañá luns ás 20,30 hai un lugar na túa cidade na que nos xuntaremos a berrar a nosa rabia por esta neglixencia criminal. Alguén dubida que as Fragas do Eume deberían ter un protocolo de defensa contra o lume especial? Pois non hai moito que desmantelaraon a única e cativa base dos servizos contra incendios que había no Parque Natural das Fragas do Eume, a de Queixeiro. Así de listos son estes.
Se alguén cuns prismáticos estivese a axexar a Fraga, veria o lume en Teixido cando comezou e gañaríase moito tempo.
Se o bosque atlántico máis importante de Europa non lles merecia un tipo de protección especial, se non foron quen de facer un plano de prevención de lume para as Fragas do Eume, que podemos esperar deles
Non faltedes mañá á concentracion da vosa cidade ou da vosa vila, é ás 20,.30, hai que lles aturuxar como é debido!
 
Texto de: Xabier P. DoCampo   tirado de Facebook
_________________________________________________

 E decer que
agora
todo de monte
olla
onda a casa tamén

Fumegaba a terra
cando se araba

Se os ollos foran ollos,
se os ollos foran pedras...e arauxo.


HOJE MIL...MIL VEZES MALDITOS...
centelha vos coma
arredem de vós as gentes
cuspam nos vossos furados as lesmias
sepultem a vossa inoperância os mexos de burra
furem nas vossas concièncias os males mais agudos
carcomam no vosso ventre os corvos do Jalhas
pateem nas vossas barrigas as cabras cabresas
ceguem os vossos olhos a vossa ineptitude
fodam as silvas as vossas entranhas
espinhem as chorimas os vossos coraçóns

Mil vezes malditos pelo lume que chantastes
por pór os mistos nas mâos dos miseraveis
por encher a terra de bencina e chapapote

Mil vezes mil vezes malditos mil
ao vosso lume sobre o châo que tanto amamos
e caiam sobre vós-inoperantes desenhadores
da desidia e o desgoverno-tudos os lumes que criastes.

e caiam sobre vós mil vezes tudos os lumes
tudos os lumes
tudos os lumes
tudos os lumes
tudos os lumes
que criastes malditos mil vezes malditos.

Poema de a.laia neste día para que se saiba...


Poema aparecido en Facebook

A Academia presenta o seu Dicionario electrónico

6/03/12 | Actualidade: Novas

A Academia presenta o seu Dicionario electrónico
Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega xa é consultable e, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.

Elaborado a partir dun amplo corpus do galego moderno, o seu carácter é normativo, polo que unha busca no Dicionario ofrece información sobre a pronuncia, grafía e significados correctos da palabra. Achega, ao mesmo tempo, información gramatical (xénero dos substantivos, formación do feminino, réxime dos verbos...) e, cando é pertinente, sobre o nivel de uso (rexistro formal ou familiar). As acepcións do termo buscado acompáñanse de sinónimos, antónimos e voces próximas semanticamente, ademais de ilustrarse con varios exemplos de uso. Asemade, o Dicionario incorpora a terminoloxía científica manexada nos niveis de estudos medios, así como as locucións e os fraseoloxismos de maior relevancia, cos seus significados e exemplos correspondentes.

No que se refire á súa consulta en liña, a páxina propón un sistema preditivo de busca que facilita a procura do termo. Na marxe dereita preséntanse os termos máis buscados polo público e a definición dunha "palabra á toa", ademais dun formulario que permite enviar calquera suxestión para favorecer unha mellora constante do dicionario. Ademais, unha aplicación permítenos enviar a Twitter a procura realizada, contribuíndo, deste xeito, á socialización do galego no seo das redes sociais.

Estamos, finalmente, perante un dicionario que pretende ser respectuoso cos dereitos das persoas, dos grupos sociais e dos pobos; un dicionario que ten en conta o principio de igualdade e rexeita as discriminacións por razóns de xénero, raza ou relixión.

Ir ao dicionario da Real Academia Galega


Nova tirada da web da Real academia Galega

domingo, 25 de março de 2012

O 17M en Compostela

Manifestación o día das Letras Galegas

http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/175
(O presidente da Mesa e portavoz da plataforma, Carlos Callón, sinalou que "hai demasiados motivos para nos movermos, porque a caza de bruxas contra o noso idioma se agudizou nestes tres anos de lexislatura e as vulneracións dos nosos dereitos lingüísticos son cada vez maiores". "Mesmo se ataca o máis básico, como é recoñecer que o galego é a lingua propia de Galiza", denunciou. )