quarta-feira, 9 de junho de 2010

DEITADO FRENTE AO MAR...

Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros,labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.


Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.


Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro

LONGA NOITE DE PEDRA (1962)

quarta-feira, 19 de maio de 2010

Último vídeo da Manifestación

17 de maio, 2010. No Obradoiro o Himno Galego sabía a esperanza para a nosa lingua.

"GALICIA, será a miña xeración quen te salve?

Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?"

Uxío Novoneyra

E pregúntome... como se preguntaba Uxío, irei un día de Vigo a Compostela por terras liberadas?...

Máis vídeos da Manifestación

17 de maio, 2010. Lectura do Manifesto na Praza do Obradoiro e a "Asociación de Gaiteiros Galegos".

terça-feira, 18 de maio de 2010

Outro vídeo da Manifestación en Santiago

2º vídeo da Manifestación ( anacos na saída da Alameda e unha pequena parte no Obradoiro).

Vídeo da Manifestación en Compostela

1º vídeo- Sae o presidente de "A Mesa pola Normalización Lingüística".

Os Medios entrevistan a Carlos Callón na Alameda.

segunda-feira, 17 de maio de 2010

17 de Maio en Compostela



Onte a praza do Obradoiro encheuse dúas veces. Unha vez máis, os galegos saímos á rúa para loitar polo noso idioma, e non deixaremos de mobilizarnos ata que sexa respectado e consiga todos os dereitos de seu.

quarta-feira, 12 de maio de 2010

"Cantares Gallegos I"

Vídeos da conferencia de Anxo Angueira. Na Escola Oficial de Idiomas de Vigo, o día 10 de maio.