Martes 23 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio do Areal.
quinta-feira, 18 de novembro de 2010
quarta-feira, 17 de novembro de 2010
Fernández Paz rexeita o Premio da Cultura Galega por coherencia
Pincha na ligazón para ler a noticia.
domingo, 7 de novembro de 2010
quarta-feira, 3 de novembro de 2010
sexta-feira, 29 de outubro de 2010
4ª etapa do Camiño pola Lingua

Esta é unha das moitas iniciativas que se están creando para loitar pola nosa lingua. A ver se o señor presidente da Xunta se decata, de que a loita continúa, e que non permitiremos que se exclúa o noso ben máis prezado, o que nos identifica como pobo, a nosa lingua.
Na Galiza en galego!!!.
Domingo, 31 de Outubro · 7:30 - 17:30 | |
| Lugar | A Ponte Ulla-Compostela |
|---|---|
| Creado por | |
| Máis información | Son 18 quilómetros que comezan na gasolineira da Ponte Ulla, situada na nacional 525, Km 322, na marxe dereita da estrada en dirección Santiago. De Ourense saímos ás 7:30 do Parque de San Lázaro. Se queredes saír de Ourense no autobús podedes reservar a praza no 639 519 242, o prezo para os que non o aboasen nas anteriores etapas, é de 5 euros. Chegaremos arredor das 8:30 á gasolineira, polo que ás 8:45 deberiamos estar camiñando. Os que vaiades desde outras zonas tede en conta este horario para non atrasar a saída. Para as persoas que non poidan facer a etapa completa hai un punto de encontro para facer a entrada en Compostela con todo o grupo. Atoparémonos no Cruceiro do Sar arredor das 13:30 Ao chegar a Praterías, arredor das 14:00 h, teremos un acto reivindicativo e, ao remate, xantaremos todo o grupo. O lugar acordarémolo en función do tempo que faga. Noticia de facebook. |
segunda-feira, 25 de outubro de 2010
domingo, 26 de setembro de 2010
Rosalía...
reverdeces cada día tras a porta
a túa saudade é a noite dos tempos
e as verbas son
os illotes nun mar denso
limpa as bágoas do carraxe
e deixa que alumee a estrela na fronte
e nos beizos un cantar
Matria da Galiza e filla da esperanza
es a flor da soidade
dunha longa e escura, Noite de Pedra
que xamais acaba...
a túa é a nosa, Negra Sombra
que volve facéndonos mofa
e toda a señardade de séculos pasados
rómpenos os ósos
Ti, es o luceiro da alba
o referente histórico
que nos guía cara á loita
Rosalía...
flor da noite e filla da palabra
“Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!”
Versos finais de Federico García Lorca do poema:
CANZON DE CUNA PRA ROSALIA CASTRO,MORTA
Poema publicado no libro "Penúltimo Acto" (grupo de acción poética) nome tamén do colectivo.
rosanegra
Subscrever:
Mensagens (Atom)

