quinta-feira, 18 de agosto de 2011

Adiante galeg@s!!!... fagamos unha concentración!!!

Querid@s amig@s:

Todos os que poidades quedar o martes 6 de setembro, en defensa da liberdade de expresión e do dereito a falarmos en galego, acudide ás 10:00 horas ao Xulgado de 1ª Instancia nº14 de Vigo.
Temos unha cita importante para loitar contra os tiranos, para demostrarlles a estes da Galicia Bilingüe e a súa Gloria Lago que o combate acaba de empezar e  non claudicaremos e que tampouco nos poden amedrentar. Por iso, temos que apoiar aos da Galiza Nova www.galizanova.org, que foron denunciados por esta señora e a súa organización reclamando 30.000 por seica; "atentar contra a súa honra"... e o único que fixera Galiza Nova foi que; a través dun boletín repartido ás portas do centro IES Santo Tomé, expoñía as queixas do estudantado sobre o papel desta docente.
Quérennos facer calar!
Nuncaaaa!
Denantes mortos ca escravos!!!  


sexta-feira, 5 de agosto de 2011

Outro medio de comunicación en galego que desaparece!!!

Agora o Xornal de Galicia... que nos espera?!.
O ataque contra o noso idioma cada vez é máis evidente. Vivimos nun réxime retrógrado e fascista e coa escusa da crise tapan con aleivosía toda acción xenófoga.
A loita continúa e con máis forza!!!
En tempos escuros hai que acender fachos de esperanza no combate.

http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1929

sábado, 30 de julho de 2011

Sermos Galiza


"SERMOS GALIZA é un proxecto colectivo que ten como obxectivo a creación dun grupo de comunicación libre, crítico e galego, que teña na Galiza o seu foco de atención e se exprese na nosa lingua.
SERMOS GALIZA nace dun grupo promotor plural, formado por persoas de distintos ámbitos de actuación e distintas procedencias. Denominador común de todas elas é seren conscientes da urxencia de contarmos con medios de comunicación galegos e en galego.
(...)
Por todo isto
SERMOS GALIZA es ti. Precisamos da túa enerxía, o teu apoio e a túa axuda, que se pode expresar de moitas formas. Indicámosche algunha delas:
Asinando o apoio no noso blog. http://sermosgaliza.blogspot.com.
Axudándonos a difundir a iniciativa a través dos teus contactos.
Converténdote en accionista de SERMOS GALIZA e, por tanto, en co-propietario do medio.
Subcribíndote ao semanario que sairá á rúa nos próximos meses. Para estares informado/a e leres un traballo xornalístico crítico, de interese e na nosa lingua.
Animando a tod@s @s que te rodean a que asinen o apoio, se convertan en accionistas e se subscriban ao semanario.
Colaborando con artigos, como fonte informativa, alertando de temas que tes próximos..."
sermosgaliza@gmail.com


Información collida do tríptico de Sermos Galiza entregado o 25 de xullo no Festigal, Día da Patria e día da presentación desta grande iniciativa. A nosa noraboa aos seus promotores!!! 

segunda-feira, 25 de julho de 2011

25 de xullo día da Patria Galega






O Día da Patria Galega representa para nós unha esperanza, un desexo, un soño de liberdade. A liberdade de sermos e vivirmos en galego. Unha Galiza ceibe que respire por todos os seus poros como nación, sen restrincións e en igualdade de condicións. 
Sempre en Galiza!!!
Sempre en Galego!!!