domingo, 26 de setembro de 2010

Rosalía...

reverdeces cada día tras a porta
a túa saudade é a noite dos tempos
e as verbas son
os illotes nun mar denso
limpa as bágoas do carraxe
e deixa que alumee a estrela na fronte
e nos beizos un cantar
Matria da Galiza e filla da esperanza
es a flor da soidade
dunha longa e escura, Noite de Pedra
que xamais acaba...
a túa é a nosa, Negra Sombra
que volve facéndonos mofa
e toda a señardade de séculos pasados
rómpenos os ósos
Ti, es o luceiro da alba
o referente histórico
que nos guía cara á loita
Rosalía...
flor da noite e filla da palabra
“Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!”


Versos finais de Federico García Lorca do poema:
CANZON DE CUNA PRA ROSALIA CASTRO,MORTA

Poema publicado no libro "Penúltimo Acto" (grupo de acción poética) nome tamén do colectivo.

rosanegra

Sem comentários:

Enviar um comentário