sexta-feira, 29 de outubro de 2010

4ª etapa do Camiño pola Lingua


Esta é unha das moitas iniciativas que se están creando para loitar pola nosa lingua. A ver se o señor presidente da Xunta se decata, de que a loita continúa, e que non permitiremos que se exclúa o noso ben máis prezado, o que nos identifica como pobo, a nosa lingua.
Na Galiza en galego!!!.
Domingo, 31 de Outubro · 7:30 - 17:30

LugarA Ponte Ulla-Compostela

Creado por

Máis información
Son 18 quilómetros que comezan na gasolineira da Ponte Ulla, situada
na nacional 525, Km 322, na marxe dereita da estrada en dirección Santiago.

De Ourense saímos ás 7:30 do Parque de San Lázaro. Se queredes saír
de Ourense no autobús podedes reservar a praza no 639 519 242, o prezo
para os que non o aboasen nas anteriores etapas, é de 5 euros.

Chegaremos arredor das 8:30 á gasolineira, polo que ás 8:45
deberiamos estar camiñando. Os que vaiades desde outras zonas
tede en conta este horario para non atrasar a saída.

Para as persoas que non poidan facer a etapa completa
hai un punto de encontro para facer a entrada en Compostela
con todo o grupo. Atoparémonos no Cruceiro
do Sar arredor das 13:30

Ao chegar a Praterías, arredor das 14:00 h, teremos un acto
reivindicativo e, ao remate, xantaremos todo o grupo.
O lugar acordarémolo en función do tempo que faga.


Noticia de facebook.

Sem comentários:

Enviar um comentário