terça-feira, 28 de agosto de 2012

Marcha Mundial Ourense- I Festival do Babaña (+ petiscada ecolóxica)


Praza San Marcial

Este mércores ás 21.00h chega ao seu fin o VeráneArte 2012 organizado por ESCUA, o final deste ano contará cunha petiscada a cargo de Semente (con produtos ecolóxicos) e o I Festival do Barbaña que porá fin ás actividades realizadas cada luns e mércores de Xullo e Agosto polas organizacións que integran o Espazo Cultural Alternativo.

O I Festival do Barbaña contará coa participación de 10 grupos que versionarán para o público temas de onte e hoxe e someterán a súa arte á avaliación das e dos asistentes, así o público será protagonista pois decidirá co seu voto varios dos premios entregados ás e ós gañadores. 

Dende a Marcha Mundial das Mulleres participaremos neste I Festival do Barbaña acompañadas de numerosas amigas para homenaxear ás Pussy Riot represaliadas polo goberno e a xustiza rusas por cantar contra o goberno e a igrexa. Apresentámonos a este festival co grupo A Cona Armada e a canción Recortar, recortarei

Convidamos a todas as que queirades pasar un rato divertido entre música e reivindicación a pasar pola Praza de San Marcial a partir das 21.00h, petiscar algún dos produtos ecolóxicos que nos achegarán as compañeiras de Semente e participar co voso voto no I Festival do Barbaña.

Unha aperta feminista!

Sem comentários:

Enviar um comentário