quinta-feira, 21 de agosto de 2014

Xentrificación en Vigo

Galiza en loita quer apoiar esta iniciativa, abaixo escrito que recibemos:



Desde xentrificacion Vigo queremos animarvos a participar na campaña de fotodenuncia contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo, co fin de crear entre todas unha exposición fotográfica de denuncia colectiva. Na seguinte ligazón tedes máis información sobre a campaña:

http://xentrificacionvigo.blogspot.com.es/2014/07/foto-denuncia-contra-especulacion-e.html

Por outra banda, queremos presentarnos e explicar que Xentrificación Vigo é un colectivo aberto e autónomo que intenta dar unha visión crítica, así como estabelecer unha oposición e resistencia, ao proceso de transformación urbana e social que está tendo lugar na zona vella de Vigo. Entendemos que este cambio se debe a procesos e políticas especulativas nun intento de terciarizar a economía do centro da cidade. Políticas ditadas que non atenden as necesidades sociais  dun amplo abano da poboación viguesa, a cal verase na obrigada de se desprazar a outras zonas e barrios da cidade, as cales non supoñen un atractivo especulativo, comercial e turístico como acontece na zona vella. Podes consultar máis info sobre este proceso nos diferentes artigos publicados no blogue:

http://xentrificacionvigo.blogspot.com.es/

Por último queremos animarvos a que se tedes algunha suxestión, idea, crítica ou queredes participar dalgún xeito cunha achega, non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do enderezo electrónico xentrificacionvigo@gmail.com.



Sem comentários:

Enviar um comentário