sábado, 6 de julho de 2019

Non estás soa irmá #NósCrémoste.

Dende o ‘Feminismo unitario de Vigo’ convocamos unha concentración o luns día 8 de xullo ás 20:00h diante do MARCO baixo os lemas: ‘Non é abuso, é violación’ ‘Irmá Eu creote’  para amosar o noso apoio á vítima da manada de Manresa.
Queremos mandar todo o noso apoio, solidaridade e forza nestes momentos nos que, unha vez mais a Xustiza Patriarcal xogou as súas cartas nunha recente resolución sobre unha deúncia por agresión sexual.
Vemos como a vítima non só recibe a violencia dun sistema xurídico patriarcal senón o odio mais descarnado e profundo como resposta que, por desgraza, fainos lembrar posturas políticas antifeministas que toda a sociedade debería rexeitar como retrogadas.
Por iso, nós, ante ese odio simplemente queremos dicirche ben forte: Non estás soa irmá #NósCrémoste.
Acude e espalla esta concentración

Sem comentários:

Publicar um comentário