segunda-feira, 14 de maio de 2012

A TERRA E OS SINOS

FOI A TERRA LEVADA,
barro materno ao barro teu xuntado,
cos líricos loureiros,
no camposanto de Padrón unxidos
pol-o amor e a door de Rosalía...
sagra primeira estrofa d-este pranto.

Pra compoñer as outras,
tanguidos a unha mao de Sul a Norte,
os sinos todos das eirexas todas,
que por todos redobran,
e tamén se ouvirán pol-os escuros,
non recolleran no coral de bronce
a dimensón da nosa desventura.

Por ti, Daniel, a máis dos campanarios,
siñaleiros da morte empadroada
han de dobrar, da vida, acentos novos;
han de dobrar as cordas dos espritos;
das cousas, seus metaes;
das cousas,
nas que os homes deixamos en anacos
os anacos da i-alma.

Do libro PRANTO MATRICIAL de V. Paz-Andrade

segunda-feira, 7 de maio de 2012

1ª Jornadas das Letras Galego/Portuguesas

José Manuel Barbosa Álvares
Nolim Gonzalez

En Pitões das Júnias- Montalegre  fíxose o primeiro convivio entre a poesía e a historia galaica. Logo dun recital poético houbo as palestras:
Tradição celta e literatura medieval galaico-portuguesa, Pervivência das divindades celtas na mitologia e hagiografia galegas e A soberanía indoeuropeia, celta e galaico-portuguesa. 
 


rosanegra

Ro Palomera




Cruz Martínez
Fátima Figueiredo
Blanca García Fernández-Albalát
David Outeiro


















segunda-feira, 30 de abril de 2012

Jornadas da Língua e da Cultura


O blogue ‘Desperta do teu Sono‘, administrado por José Manuel Barbosa (membro do IGEC), organiza jornadas da língua e literatura galego-portuguesa com motivo da celebração no dia 5 de Maio do Dia da Língua Portuguesa e da Cultura da CPLP
 As jornadas analisarão entre outras temáticas as relações entre a cultura celta e a língua e literatura galego-portuguesa. Este evento conta com a colaboração e presença do IGEC.

quarta-feira, 25 de abril de 2012

SERMOS GALIZA xa existe!

...(O xornal dixital de ‘Sermos Galiza’ lanzarase á Rede o vindeiro 26 de abril. Coincidirá, como con atino lembrou Pilar G. Negro, coa efeméride dos Mártires de Carral. Unha coincidencia simbólica que pon de relevo que este proxecto é máis unha evidencia de que ‘Galiza está viva’, como celebrou o avogado Nemesio Barxa. O semanario impreso sairá do prelo o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. Deste xeito, con ‘Sermos Galiza’ o galego regresará aos quiosques. Dos que nunca debera ter desaparecido.)...
Tirado do blog "contradiscurso" de Xabier P. Igrexas
http://contradiscurso.blogaliza.org/2012/04/22/%E2%80%98sermos-galiza%E2%80%99-xa-e/
Entra na Web de Sermos Galiza:
http://sermosgaliza.com/