sábado, 19 de maio de 2012
quinta-feira, 17 de maio de 2012
ERGÁMONOS
Sen lingua non temos futuro como pobo. Outra vez máis saímos á rúa, para reivindicar o noso dereito a vivir en galego.
Sempre en Galiza e sempre en galego!
Adiante galeg@s, a loita continúa!
"Ergámonos, ergámonos,
temos que ir loitar
para que a nosa lingua
non se deixe de falar.
Movámonos, movámonos
pois o momento é
para que a nosa lingua
siga mil anos en pé."
(...)
terça-feira, 15 de maio de 2012
Queren facernos calar... o 17 berraremos aínda máis alto!
O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras
Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.
Queremos Galego recorreu hoxe mesmo nos tribunais e mantén a convocatoria "con máis razóns que nunca".
Carlos Callón: "Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos".
A plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, e que aglutina máis de 700 entidades, encontrouse esta mañá cunha comunicación "sorprendente" do Concello de Santiago de Compostela.
Cando faltan 48 horas para a manifestación cidadá en defensa da lingua, o goberno municipal resolve negativamente unha petición "que sempre foi de trámite" para poder colocar un palco, para usar o punto de luz necesario para a megafonía do acto final e para poder colocar unha faixa informativa na Alameda de Santiago de Compostela.
Carlos Callón, como presidente da Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego, asevera que "desde que A Mesa existe, hai 26 anos, nunca nos encontramos cunha resolución tan disparatada para unha mobilización en defensa do noso idioma". "Quérennos deixar sen voz: temos máis razóns que nunca para erguela e para acudir a Compostela o Día das Letras", aseverou Callón, quen considera que, "o actual goberno de Santiago ten un problema moi serio coa tolerancia lingüística e cultural e coa liberdade de expresión, como puidemos ver primeiro co Correlingua e agora coa manifestación do 17 de maio".
O Concello denega case todos os puntos solicitados por Queremos Galego baseándose en que "a manifestación coincide coa Ascensión", excepto a petición do punto de luz preciso para a amplificación do son, na cal non utiliza a escusa das festas, senón que non ofrece ningún motivo. Porén, desde a plataforma sinalan que "parece unha burla querer denegar esa licenza baseándose na Ascensión, xa que non é a primeira nin será a última vez que o día 17 de maio coincide con eses festexos". O presidente da Mesa di ironicamente que "a culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporáneo en galego nun 17 de maio".
O Concello coloca todos os obstáculos que pode para esta manifestación, "dentro do seu ámbito de competencias", mais non pode prohibir o acto, xa que este foi solicitado "en tempo e forma" na Delegación do Goberno. "O que nos deixa estupefactos é que todas estas xestións, que todos os anos son de trámite, se queiran converter agora en impedimento para exercer o noso dereito democrático a manifestarnos", sinala o presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego.

Autobuses para ir á manifestación:
http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/261
Únete en facebook:
http://www.facebook.com/events/371360729553242/
E en twitter:
https://twitter.com/#%21/search/%2317Mqueremosgalego
E antes temos: Recital-conferencia en Vigo "Itinerario poético pola defensa do idioma"
http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/254
O 16 de maio ás 20 h na Biblioteca Central
segunda-feira, 14 de maio de 2012
A TERRA E OS SINOS
FOI A TERRA LEVADA,
barro materno ao barro teu xuntado,
cos líricos loureiros,
no camposanto de Padrón unxidos
pol-o amor e a door de Rosalía...
sagra primeira estrofa d-este pranto.
Pra compoñer as outras,
tanguidos a unha mao de Sul a Norte,
os sinos todos das eirexas todas,
que por todos redobran,
e tamén se ouvirán pol-os escuros,
non recolleran no coral de bronce
a dimensón da nosa desventura.
Por ti, Daniel, a máis dos campanarios,
siñaleiros da morte empadroada
han de dobrar, da vida, acentos novos;
han de dobrar as cordas dos espritos;
das cousas, seus metaes;
das cousas,
nas que os homes deixamos en anacos
os anacos da i-alma.
Do libro PRANTO MATRICIAL de V. Paz-Andrade

quinta-feira, 10 de maio de 2012
quarta-feira, 9 de maio de 2012
segunda-feira, 7 de maio de 2012
1ª Jornadas das Letras Galego/Portuguesas
| José Manuel Barbosa Álvares |
| Nolim Gonzalez |
En Pitões das Júnias- Montalegre fíxose o primeiro convivio entre a poesía e a historia galaica. Logo dun recital poético houbo as palestras:
Tradição celta e literatura medieval galaico-portuguesa, Pervivência das divindades celtas na mitologia e hagiografia galegas e A soberanía indoeuropeia, celta e galaico-portuguesa.
| rosanegra |
| Ro Palomera |
| Cruz Martínez |
| Fátima Figueiredo |
| Blanca García Fernández-Albalát |
| David Outeiro |
Subscrever:
Mensagens (Atom)