quinta-feira, 19 de julho de 2012

FestiGal12





Martes 24 na Galería das Letras do Festigal


18:30Presentación e recital de poesia: "18 (Dezaoito voces nunha antoloxía poética galego-portuguesa)!" coa participación de: Iolanda Aldrei, Alexandre Insua Moreira, Virgílio Liquito, Cruz Martínez Vilas, Jaime Moreda Santamaría e Rosanegra (Rosa Martínez Vilas)...


Presentacións de: Crise e radicalización neoliberal de Xavier Vence na editorial Laiovento. Carné de Identidade de Mahmud Darwix  na editora Barbantesa.  Nântia e a Cabrita de Ouro, Concha Roussia [narrativa juvenil]. A rota do sol de Camilo Nogueira Román na editorial Laiovento. 
Falarán Xabier Macias, director da Fundación Galiza Sempre, Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento europeo e Camilo Nogueira...
Para ver a programación completa premer aquí 

sábado, 14 de julho de 2012

Carta dende o exilio



















































































Do Libro: CARNÉ DE IDENTIDADE de Mahmud Darwix. Traducido por Moncho Iglesias Míguez e Samar Sabat. 
Para ler a versión en galego, entrade na publicación do 3 de xullo.  

quarta-feira, 11 de julho de 2012

Fundación Via Galego


" A Fundación Via Galego constituíuse en 2006 co obxectivo principal de fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema lingüístico galego-português. A presentación pública tivo lugar o pasado 25 de abril en Santiago de Compostela, coa presenza da maior parte dos membros do Padroado da Fundación e do concelleiro de Cultura de Santiago de Compostela, Néstor Rego Candamil, e do Secretario Xeral da Vicepresidencia da Xunta de Galiza, Antón Losada Trabada" .

quinta-feira, 5 de julho de 2012

FORO E. PEINADOR IRMANDADE GALEGA DE ADEGUEIROS

A tod@s @s interesad@s:



ETIQUETADOS EN GALEGOS, 
POR FAVOR
 
O próximo día 7 de xullo constituirase a Irmandade Galega de Adegueiros como unha sección dentro do Foro E. Peinador. Un novo paso no camiño iniciado hai anos para galeguizar a economía. Mais isto non será posible sen  que os consumidores participen activamente neste proceso.

En Galicia hai unha ampla franxa social que se identifica coa nosa lingua, participando de distinto xeito no seu fomento e normalización. Os máis deles  forman parte do tecido socio-cultural, sindical e partidario.  Todos eles, en distinto grao, participan en manifestacións solidarias e contribúen ao mantemento das industrias culturais, nomeadamente ás editoriais.

Tal densidade de poboación supón un soporte importante para o mantemento da nosa cultura. O Foro E. Peinador considera que o futuro da lingua galega precisa introducirse nos espazos da economía, e neste sentido vén traballando arreo. Unha boa mostra é o pulo que lle demos á galeguización da etiquetaxe dos nosos viños e doutros produtos agroalimentarios.

No que fai aos viños os datos son reveladores da receptividade do sector vinícola: en 2003 había ao pé de 12 adegas etiquetando en galego;  nove anos despois, o número incrementouse: hoxe son preto de 197  o número de marcas nas que xa campaña a nosa lingua. O máis importante é que eses envases están nos mercados internacionais, divulgando a nosa lingua.

VIVIR COMO GALEGOS GALEGUIZADOS

Consideramos que chegou o momento de facer un chamamento aos milleiros de galegos e galegas para que practiquen un consumo responsable, apoiando aos adegueiros e empresas agroalimentarias que etiquetan na nosa lingua. Se queremos mos, podemos. Velaí a resposta da nosa forza.

O Foro E. Peinador entrevistouse con todos os sindicatos -obreiros e agrarios- e envioulles aos partidos políticos esta proposta de apoio, solicitándolles que se sumen a ela sen  ambigüidades. Suxerímoslles que a mellor maneira é enviando circulares aos seus militantes e afiliados para que comprenda a importancia de modificaren os seus hábitos de consumo, elixindo produtos e establecementos de comercialización que se identifiquen coa nosa cultura e lingua, compensándoos pola súa aposta a prol da normalización lingüística.

CONSUMO GUSTOS ETIQUETADOS EN GALEGO

O 25 de xullo -Día da Patria Galega, Día de Galicia- pode ser unha boa data para escenificar o cambio nos hábitos de consumo que propoñemos. Será un día de exaltación dos valores patrimonias de Galicia.

O Foro E. Peinador, como noutrora o fixeran as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista, queremos dirixirnos aos galegos e galegas para que consuman produtos  galegos nestes momentos de crise económica; pero preferentemente produtos galegos etiquetados na nosa lingua. Velaí porque eliximos este este enunciado publicitario: CONSUMO GUSTOS ETIQUETADOS EN GALEGO.

Para que ese cámbio de hábitos nos consumidores de militancia galeguista se produzan cómpre crear un estado de opinión favorable a través dos medios de comunicación. Por iso facemos un chamamento a todos os colaboradores/as das páxinas de opinión dos xornais que se editan en Galicia para que se sumen a este chamamento amplificando o eco deste chamamento.

O 25 de xullo é unha boa oportunidade  para instar a este chamamento. A demanda debe responder á oferta cunha petición amable e rotunda á vez: “Etiquetados en galego, por favor!”.

Agradeceríamos a túa participación.


Un saúdo

Asinado: Xosé González Martínez. PRESIDENTE

terça-feira, 3 de julho de 2012

Carta dende o exilio


1

Un saúdo... e un bico
e non teño máis que dicir.
Por onde empezo?... E por onde remato?
E a roda do tempo non ten límite.
E todo o que teño no meu desamparo
é un zurrón, cunha codia de pan seco e paixón
e un caderno que leva algo de min.
Cuspín nas súas páxinas o odio insoportable.
Por onde empezo?
E todo o que se dixo e se vai dicir despois de mañá
non remata cun abrazo... nin cun apertón de mans.
Non volve a casa o estranxeiro.
Non chove.
Non crecen as plumas nas
ás dun paxaro perdido... esnaquizado
Por onde empezo?
Un saúdo... e un bico... e daquela...

CARNÉ DE INDENTIDADE do autor xa finado en 2008 Mahmud Darwix, foi presentado onte en Vigo na Feira do Libro. Árabe-Galego unidos nun libro grandioso, con alma e sentimento que nunha escolma de 48 poemas podemos camiñar "por unha terra que cheira a café,laranxa e mar; ata un territorio apresado entre pedras e silencios." . Tradución de Moncho Iglesias Míguez e Samar Sabat.

quinta-feira, 28 de junho de 2012

En Compostela o 30 de Xuño procederase á asemblea constituínte da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA)

A tod@s @s interesad@s:

Este sábado 30 de xuño, no salón de actos da Residencia Universitaria Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela, terán lugar as asembleas extraordinarias de Galiza co Galego e da constitución da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola”.
Desenvolverase a de Galiza co Galego a partir das 17 horas en primeira convocatoria e ás 17,30 horas en segunda, conforme á seguinte orde do día:
Lectura e aprobación da acta anterior da asemblea de Galiza co Galego.
Informe de xestión da Comisión Reitora de Galiza co Galego.
Incorporación de novas persoas a Galiza co Galego.
Debate sobre a constitución da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola”.
Votación de acordos de Galiza co Galego.

Breve receso.

Sobre as 18:30 horas procederase á apertura pública da asemblea constituínte da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA), coa seguinte orde do día:
Lectura e aprobación dos estatutos da CEPA.
Asinamento da acta de constitución da CEPA.
Elección do primeiro Consello Reitor da CEPA.
Elección da presidencia, vicepresidencia e secretaría da CEPA.

Información enviada por Galiza co Galego

Comisión Galiza co Galego
http://limiargalego.blogspot.com/
Venezuela, 33, B, 15404, Ferrol, A Coruña
Telf: 629891145