quinta-feira, 3 de dezembro de 2009

A AXENCIA EUROPEA PARA AS LINGUAS MINORIZADAS (EBLUL)

INSTA A XUNTA A ‘PÓR FIN ÁS INICIATIVAS QUE ADOPTOU CONTRA O GALEGO’ OU, DO CONTRARIO, DENUNCIARÁ A SITUACIÓN INTERNACIONALMENTE[27/11/2009]O Comité de Estado do EBLUL tomou o acordo por unanimidade, a proposta da Mesa pola Normalización LingüísticaO Comité do Estado español do EBLUL (European Bureau for Lesser-Ussed Lenguages – Axencia Europea para as Linguas Minorizadas) aprobou nunha reunión en Barcelona dirixirse á Xunta de Galiza para que “poña fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego”.O EBLUL, promovido polo Parlamento europeo e que ten o rango de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU, considera “de especial gravidade” que o Goberno galego non estea a ter en conta o último ditame do Comité de Expertos do Consello de Europa sobre a situación lingüística de Galiza, emitido a finais do ano pasado. O organismo lembra que a Xunta non só non tomou as medidas recomendadas para mellorar a protección dos dereitos da comunidade lingüística galega, senón que se desmantelaron proxectos que foran eloxiados e considerados exemplares polo Consello de Europa, como as Galescolas.A resolución do Comité de Estado do EBLUL foi aprobada por unanimidade, a instancias da Mesa pola Normalización Lingüística. O representante galego, Carlos Callón, amósase “moi satisfeito” pola aprobación da resolución: “O ditame do EBLUL vénse unir a chamadas no mesmo sentido por parte da Real Academia Galega ou do Consello da Cultura Galega, alén do clamor manifestado en diferentes ocasións pola maioría da sociedade e das comunidades educativas”. “Sería bo para todas e todos que o presidente da Xunta escoitase”, conclúe o presidente da Mesa.TEXTO DA RESOLUCIÓN DO EBLULO Comité do Estado español do EBLUL (European Bureau for Lesser Ussed Lenguages – Axencia Europea das Linguas Minorizadas), reunido en Barcelona o 26 de novembro de 2009, ACORDA dirixirse á Xunta de Galiza para lle trasladar as seguintes solicitudes:·Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.·Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.·Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.·Se a Xunta continúa coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.http://www.vieiros.com/nova/77397/a-axencia-europea-para-as-...

Sem comentários:

Enviar um comentário