


Hoxe mércores ás 17 horas, en Compostela na Praza do Obradoiro foi o lugar escollido polos cidadáns e a plataforma "Queremos Galego” para concentrarse nunha manifestación en defensa da lingua do noso país. Houbo tamén unha concentración diante do Pazo de Raxoi, mais nesta ocasión, Alberto Núñez Feijoo trocou o lugar da reunión do Consello da Xunta, por razóns obvias, ás instalacións da Xunta en San Caetano.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón, durante a súa intervención censurou a "política galegófoba" do actual Goberno e denunciou o ataque "contra a nosa lingua no ensino". E convidou á xente que acudiu á concentración a expresar o rexeitamento social á derrogación do decreto aprobado na anterior lexislatura. Recordan dende a Mesa que calquera proposta que vaia por debaixo do 50% de docencia no idioma propio do país, será "nula de pleno dereito", xa que vulnerará a Lei de Normalización Lingüística. A plataforma Queremos Galego anunciou a convocatoria dunha folga no ensino á volta das vacacións escolares. A data elixida para o paro nos centros será o vindeiro 21 de xaneiro. Esta acción de protesta fora xa anunciada por un dos colectivos integrantes da rede, a CIG-Ensino, e outros colectivos, como a Mocidade pola Lingua, fixeran tamén o seu propio chamamento á folga en todas as escolas do país.
A seguir loitando pola nosa lingua.
ResponderEliminarHai burros (con perdón para o animal) que só saben dar couces, aínda que moitos llos dean só ao aire.
Bicos e Feliz Ano
Moitas grazas dilaida, por entrar neste espazo e apoiarnos coas túas palabras.Unha forte aperta e Feliz Ano.
ResponderEliminar