domingo, 11 de abril de 2010

O IDIOMA GALEGO


Seica o meu idioma está perdido e morrerá unha noite de tantas, quizais no silencio. O problema do galego é moi grave, son séculos de escuridade os que nos pexan coma se fosen un lastre. Destinado a caer vítima do verdugo, agarda a que pare de soar o redobre de tambor.
Só unha cousa me da voltas: A puta diglosia, está tan agarrada no meu inconsciente que non son quen de mirala cara a cara. Síntome partida pola metade a cachapernas entre dous idiomas.
A desigualdade do galego perante o castelán é moi inxusta, na situación de fillo dun deus menor está obrigado a situarse por debaixo da lingua foránea. A dominación imaxinaria creou unha xerarquización por puro interese económico e social.
Desleigados inconscientemente da terra que pisamos. Xa é hora de que usemos a nosa fala na rúa, de que a poñamos no lugar que lle corresponde na política, na sociedade actual e no corazón de todo galego. Porque sen idioma non somos nada, non teriamos o dereito de chamarnos GALEGOS.

rosanegra

2 comentários:

  1. Pois tes razón, pero mentres os galegos sigamos elixindo aos nosos dirixentes, aos nosos políticos, sen pedirlles un mínimo coñecemento do galego, eu penso, que non hai nada que facer... que pobo lle dá de comer a uns "tipiñ@s" que non queren, nin coñecen a súa lingua?.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Si Dilaila, concordo contigo plenamente. Eses tipiños están aí por votación dos galegos e iso é o máis triste.
    Grazas por compartir comigo a túa opinión.
    Unha aperta.
    rosanegra

    ResponderEliminar