sábado, 6 de setembro de 2014

Galiza com Catalunya

Galiza en Loita apoia esta iniciativa.


A todas as organizacións galegas:

Poñémonos en contacto convosco en nome da Plataforma Galiza con Catalunya para vos informar de que fixemos público un manifesto de apoio ao referendo catalán do 9 de novembro. O manifesto, que pode ser consultado na webgalizaconcatalunya.org está na fase de recollida de apoios, tanto individuais como colectivos. O obxecto desta mensaxe é tamén animarvos, como colectivo a asinardes o manifesto e, ao mesmo tempo, a difundirdes no plano individual ás persoas que fan parte das vosas organizacións e ás simpatizantes. O obxectivo é conseguir un apoio o máis extenso, variado e aberto posíbel.

Sen outro particular, ficamos ao voso dispor.


-- 
MAR DE LUMES
Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
Web - Facebook Twitter


Sem comentários:

Enviar um comentário