sexta-feira, 5 de setembro de 2014

Galiza com Gaza/Campanha de recolhida de medicamentos em Vigo

Galiza en loita quer apoiar esta iniciativa. Abaixo a carta que recibemos.

Prezadas compañeiras,
prezados compañeiros:


Despois do éxito dalgunhas iniciativas locais, o BNG quere sumarse ao apoio ao pobo palestino a través dunha campaña nacional de recollida de medicamentos e material sanitario (antibióticos, analxésicos, vendas, gasas, material de sutura, material de curas, material protésico...). 

Os medicamentos poderanse depositar até o 10 de setembro (incluido) na sede comarcal do BNG en Vigo.

Habida conta do escaso marxe de tempo que temos para a recollida de medicamentos, pedímovos non só a vosa colaboración coa mesma, senón que difundades esta iniciativa  entre os vosos contactos.


A campaña terá tamén un perfil marcadamente político, pois esta recollida vai acompañada da edición dun panfleto de denuncia da situación do pobo palestino e de condena das agresión do xenocida Estado de Israel (adxuntase copia en formato electrónico para a súa difusión), unha campaña que tamén moveremos nas redes sociais.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo nacionalista.

Asdo. Manuel Caride Correa
Responsábel Comarcal do BNG en Vigo

Sem comentários:

Enviar um comentário