sábado, 9 de junho de 2012

A oposición insta a Educación a mudar as normas lingüísticas tras admitir que "mentiu"


Falar de "imposición" do galego mentres se detectaba que a súa situación nas aulas era "moi desfavorable" a respecto do castelán. Asegurar que en"máis dun 20% dos centros imparte máis dun 80% das materias en galego e máis do 60% supera o 50%" cando, realmente, se comprobaba que a lingua propia era "minoritaria" entre o estudantado, especialmente na área atlántica e nas grandes cidades. A Consellería de Educación vén de admitir, como adiantou Praza Pública, que no inicio da lexislatura e no momento de aplicar o chamado "decreto do plurilingüismo" o Goberno galego era consciente da situación de desvantaxe da lingua galega. Esa diverxencia entre o discurso público da cúpula gobernamental e os datos que en realidade manexaba é, para os grupos da oposición parlamentaria, a "constatación" definitiva dunha "monumental mentira" ...

Para ver máis entra en Praza Pública:

http://praza.com/politica/1183/a-oposicion-insta-a-educacion-a-mudar-as-normas-linguisticas-tras-admitir-que-mentiu/

1 comentário: