segunda-feira, 4 de janeiro de 2010

Estivemos e apoiamos esta iniciativa e o faremos sempre que sexa necesario. Temos unha lingua propia e non deixaremos que nos afoguen a voz.

Enviámoslle miles de tarxetas ao señor Núñez Feijóo co seguinte texto:

Señor presidente:

Neste 2009 que remata, o noso pobo demostrou sobradamente que quere o seu idioma e desbota calquera tipo de retroceso na súa normalización. Agardo que aproveite o Nadal para reflexionar e mudar a dirección da súa política lingüística.

Aínda está vostede a tempo d rectificar e facer posíbel que 2010 sexa o ano do necesario impulso qu o noso idioma precisa. Nese camiño atopará, sen ningunha dúbida, o apoio da inmensa maioría da sociedade que quere unha lingua milenaria que sentecomo parte imprescindíbel de si.

Eu quero galego e deséxolle que no 2010 vostede tamén queira galego.

O galego que non fala Na lingua da súa terra Non sabe o que ten de seu Nen é merecente dela (V. Taibo)

O idioma é a chave Coa que abrimos o mundo O salouco máis feble O pensar máis profundo ( Manuel María)

Video: Cruz Martínez

Sem comentários:

Enviar um comentário