
quinta-feira, 30 de dezembro de 2010
quinta-feira, 23 de dezembro de 2010
Palestina e Galiza unidas pola palabra
quinta-feira, 16 de dezembro de 2010
Carlos Callón presentou onte o seu libro en Vigo
"...Neste libro recóllense diferentes textos sobre a situación lingüística de Galiza, nos cales se sinalan os problemas máis importantes para a recuperación e extensión social do idioma galego en diferentes ámbitos, mais tamén se propoñen alternativas, tanto a nivel institucional como individual.
Sublíñase, así, a importancia de que cada falante se active e solicite, de forma constante, intelixente e procurando empatías, o dereito básico a poder vivir en galego nos diferentes ámbitos. Porque como di o acertado lema, sen reivindicacións non hai conquistas.
Por outra banda, hai un esforzo por transmitir unha análise da situación lingüística do noso país lonxe dos narcóticos e prexuízos habituais. É unha radiografía descarnada, mais non catastrófica, xa que parte da convicción de que hai que coñecer a realidade para transformala...”
Deixamos aquí un pequeno fragmento do libro: "En castellano no hay problema".
segunda-feira, 13 de dezembro de 2010
O 15 de decembro preséntase en Vigo
En castellano no hay problema, de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
Día: cuarta feira (mércores) 15 de decembro.
Hora: 20 h.
Lugar: Local da Mesa en Vigo (Abeleira Menéndez, 28, baixo as oficinas da Policía Local).
Participan:
Elsa Quintas, coordinadora da Mesa en Vigo.
Xosé Manuel Moo, pola editora Xerais.
Carlos Callón, presidente da Mesa e autor da obra.
quarta-feira, 1 de dezembro de 2010
Concerto pola nosa lingua no ensino

Actuación de Mini e Mero, Tino Baz, Miro Casabella e García Mc. Proxección de vídeos e intervencións lembrando o 30 aniversario da manifestación na Estrada contra a represión do profesorado que daba aulas na nosa lingua. A primeira dunha xeira de mobilizacións (Dices-Rois, Compostela, etc...) que serviron para botar abaixo estas medidas represivas e permitiron abrir as portas a normalización do noso idioma nos centros.
|
Logo do acto celebrarase unha CEA DE CONFRATERNIDADE de Queremos Galego! da Estrada no Restaurante Granvía. O prezo é de 20 €. Anótate respondendo a este correo.
Plataforma Cidadá "Queremos Galego!" da Estrada
quinta-feira, 18 de novembro de 2010
quarta-feira, 17 de novembro de 2010
Fernández Paz rexeita o Premio da Cultura Galega por coherencia
domingo, 7 de novembro de 2010
quarta-feira, 3 de novembro de 2010
sexta-feira, 29 de outubro de 2010
4ª etapa do Camiño pola Lingua

Domingo, 31 de Outubro · 7:30 - 17:30 | |
Lugar | A Ponte Ulla-Compostela |
---|---|
Creado por | |
Máis información | Son 18 quilómetros que comezan na gasolineira da Ponte Ulla, situada na nacional 525, Km 322, na marxe dereita da estrada en dirección Santiago. De Ourense saímos ás 7:30 do Parque de San Lázaro. Se queredes saír de Ourense no autobús podedes reservar a praza no 639 519 242, o prezo para os que non o aboasen nas anteriores etapas, é de 5 euros. Chegaremos arredor das 8:30 á gasolineira, polo que ás 8:45 deberiamos estar camiñando. Os que vaiades desde outras zonas tede en conta este horario para non atrasar a saída. Para as persoas que non poidan facer a etapa completa hai un punto de encontro para facer a entrada en Compostela con todo o grupo. Atoparémonos no Cruceiro do Sar arredor das 13:30 Ao chegar a Praterías, arredor das 14:00 h, teremos un acto reivindicativo e, ao remate, xantaremos todo o grupo. O lugar acordarémolo en función do tempo que faga. Noticia de facebook. |
segunda-feira, 25 de outubro de 2010
domingo, 26 de setembro de 2010
Rosalía...
sábado, 11 de setembro de 2010
sábado, 14 de agosto de 2010
terça-feira, 27 de julho de 2010
domingo, 25 de julho de 2010
domingo, 18 de julho de 2010
HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS
A onde me leva este camiño
cheo de seixos e penedos
debuxando congostras
e cubríndome de poalla
polos labirintos e cumes
polas dores e saudades
camiñando, percorro lugares
coñezo soños e pesadelos
e pinto con paixón
choros e sorrisos secos
camiñando, móvome mentalmente
cara á luz que procura
con ansiedade e frustración...
tómbome e érgome
de tantas caídas reincidentes
de tantas cicatrices e dúbidas
Polos ríos e os mares
Polos desertos e os polos
Pola vida e ata á morte
A morte é o destino
A vida é o camiño...
camiño da miña vida
escuro e triste de noite
e triste i escuro de día...
Camiño longo
da miña vida!”
quarta-feira, 9 de junho de 2010
DEITADO FRENTE AO MAR...

eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros,labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
Celso Emilio Ferreiro
LONGA NOITE DE PEDRA (1962)
quarta-feira, 19 de maio de 2010
Último vídeo da Manifestación
17 de maio, 2010. No Obradoiro o Himno Galego sabía a esperanza para a nosa lingua.
"GALICIA, será a miña xeración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?"
Uxío Novoneyra
E pregúntome... como se preguntaba Uxío, irei un día de Vigo a Compostela por terras liberadas?...
Máis vídeos da Manifestación
17 de maio, 2010. Lectura do Manifesto na Praza do Obradoiro e a "Asociación de Gaiteiros Galegos".
terça-feira, 18 de maio de 2010
Outro vídeo da Manifestación en Santiago
2º vídeo da Manifestación ( anacos na saída da Alameda e unha pequena parte no Obradoiro).
Vídeo da Manifestación en Compostela
1º vídeo- Sae o presidente de "A Mesa pola Normalización Lingüística".
Os Medios entrevistan a Carlos Callón na Alameda.
segunda-feira, 17 de maio de 2010
17 de Maio en Compostela
quarta-feira, 12 de maio de 2010
"Cantares Gallegos I"
Vídeos da conferencia de Anxo Angueira. Na Escola Oficial de Idiomas de Vigo, o día 10 de maio.
quinta-feira, 6 de maio de 2010
Queremos Galego chama a encher a Praza do Obradoiro o 17 de maio
Co lema “O galego, o noso existir”, a plataforma cidadá confía nunha mobilización histórica do pobo galego contra as agresións á nosa cultura e o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2010.- A Plataforma Cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de imprensa a campaña gráfica coa que chamará a toda a sociedade galega a unha nova manifestación nacional en defensa da nosa lingua propia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.
“O Galego, o noso existir” é o lema escollido para unha mobilización “que non hai dúbidas de que será de novo histórica polas súas dimensións”, asegurou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un dos portavoces de Queremos Galego, Carlos Callón.
A campaña gráfica que nos próximos días chegará a todas as comarcas do país xogará con dúas imaxes: a dunha bola de pan e a dun corazón; a primeira, simboliza “a lingua como sustento, como algo que vincula directamente a existencia material do noso pobo”; a segunda, da mesma maneira que o propio nome da plataforma cidadá “o amor pola nosa cultura e a demanda da súa presenza, para que acade plena normalidade no espazo que lle é propio”. “Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do país e defende a lingua”, asegurou.
A manifestación do próximo 17 de maio partirá ás 12 da mañá da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro, que Queremos Galego confía en ateigar de novo, como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro.
Para Carlos Callón, a mobilización cidadá que se convoca para o Día das Letras vai servir tamén para “visualizar e afortalar a unidade social existente neste momento arredor da defensa do galego”. “Unha unidade social”, denunciou, “da que só se autoexclúe o Partido Popular, que será o único que non estea mobilizándose na rúa o 17 de maio en favor da lingua e da cultura propias do país”. “Algo”, engadiu, “que debe facer reflexionar moi seriamente ao Presidente da Xunta, que no entanto segue a malgastar diñeiros públicos en atacar o galego”. Nese sentido, o portavoz censurou como “un insulto ás familias que máis padecen a crise económica que se anuncie o investimento público dun millón de euros nunha campaña a favor do decretazo; isto é, dunha campaña contra o galego”. Callón fixo un repaso do “rexeitamento unánime do decretazo” e citou de forma explícita “todas institucións culturais do país, todos os sindicatos, todas as organizacións estudantís, todos os movementos de renovación pedagóxica e, excepto unha, todo o resto das asociacións de nais e pais”. “No PP saben que contan cun rexeitamento unánime e por iso utilizarán fondos públicos nunha macroacción propagandística impresentábel”, sinalou.
Como en ocasións anteriores, a Plataforma Queremos Galego dispoñibilizará en todas as comarcas do país un servizo de autobuses. Unha vez concretadas as rutas e os horarios, poderanse consultar na páxina web queremosgalego.org.
terça-feira, 4 de maio de 2010
quarta-feira, 28 de abril de 2010
PRETO
O poeta Enrique Leirachá, recita o seu poema "Preto".
..."somos unha realidade diglósica sostida nun vocabulario por normalizar...
...somos a mirada autista das vacas".
terça-feira, 27 de abril de 2010
domingo, 25 de abril de 2010
Artigo de Carlos Callón publicado en GaliciaHoxe.com
A semana pasada unha delegación da plataforma Queremos Galego conformada por Bieito Lobeira, Anxo Louzao e quen isto asina desenvolveu unha intensa axenda en Bruxelas para denunciar a política lingüística do actual goberno da Xunta. Tal acción -para a que foi crucial a axuda da futura eurodeputada galega Ana Miranda- foi só un capítulo dunha denuncia internacional que se prolongará no tempo con novos pasos nas institucións da Unión Europea e que se estenderá tamén á UNESCO e ao Consello de Europa.
O esforzo desta plataforma cidadá impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística en denunciar internacionalmente o que nos está a acontecer foi motivo de inquietude no Goberno galego. Saben que están a vulnerar normas internacionais de obrigado cumprimento no Estado español, como a Carta Europea das Linguas; saben que están a facer un uso bastardo do termo "plurilingüismo" para camuflar xusto a antítese: unha perda planificada da diversidade cultural con proxectos tan lesivos como o decretazo. Por iso molestou nos gabinetes da Xunta que Queremos Galego actuase e tivese encontros en Bruxelas, dentro das súas humildes limitacións humanas e económicas, aínda que coa inmensa forza simbólica da súa demostrada capacidade de mobilización social.
Espionaxe made in na casa
Tanto foi así este tremor en San Caetano, que desde a Consellaría de Educación parece que non teñen cousas mellores a facer que encargar relatorios sobre a actividade desta plataforma cidadá, como ben demostrou hai uns días unha información exclusiva de El Correo Gallego. O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deberían aclarar a Queremos Galego e ao conxunto da cidadanía que obxectivos perseguía a elaboración dese dossier que parece máis propio das persecucións detectivescas do PP madrileño que da tradición política galega. De verdade nunha semana coma esta, na que soubemos que os comedores dos centros públicos non reciben a asignación da Xunta desde hai meses, os gobernantes non teñen mellor afán que encargar aos funcionarios que elaboren relatorios coma estes? Debería haber luz e taquígrafos sobre esta cuestión.
Por riba, os datos que trascenderon deste relatorio son falaces. Desde a Consellaría quixeron xogar á espionaxe, mais o dossier que lles saíu de tal tentativa parece redixido por Mortadelo e Filemón ou por Maxwell Smart. Ben, se é que a súa intención era redixir algo veraz e non elaborar unha información terxiversada para filtrar como auténtica.
Polo que se soubo, no informe reducían a acción desta delegación a unha entrevista cun eurodeputado (!). En fin, nin tan sequera consultaron o perfil no facebook de Queremos Galego, onde poderían ver cos seus propios ollos as fotografías dalgúns dos múltiplos encontros realizados pola delegación desta plataforma en Bruxelas. Mesmo, como poderían constatar graficamente se quixesen, houbo algúns contactos adoptados a maiores da axenda inicial, que foron aproveitados para dar a coñecer a nosa situación e que darán froitos ben axiña en novos pasos destas denuncias internacionais. Só falta que digan que na realidade nunca saímos de Galiza, que tal viaxe non existiu e que todas as imaxes son produto do photoshop...
Que defende a Xunta?
A Xunta mente conscientemente cando fala de escasa interlocución de Queremos Galego coas institucións comunitarias. Aínda que por unha reunión fóra de Bélxica non puido recibirnos a actual comisaria de Multilingüismo, Educación, Cultura e Mocidade, quen isto subscribe, como presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, foi, hai un ano, o primeiro representante dunha organización galega en entrevistarse cun comisario de Multilingüismo, nese momento Leonard Orban. Ese alto cargo comunitario trasladárame xa daquela o seu apoio á existencia dunha rede de escolas infantís en galego e á implementación de modelos educativos de acordo cos tratados internacionais subscritos a nivel europeo.
O alto cargo que recibiu nesta ocasión a delegación, por indicación da comisaria, comprometeuse a trasladarlle os informes á titular da área, que desculpou a súa ausencia e manifestou o seu interese en axendar un futuro encontro para abordar a problemática que se lle presentaba, previo ao cal se enviarán novos relatorios. Por respecto institucional cara á comisaria, e como agradecemento aos xestos e á importante información (que abre novas vías de traballo) proporcionada polo seu gabinete, a plataforma Queremos Galego non respondeu nin responderá a máis críticas falaces por parte da Xunta e este respecto. Iso si, Queremos Galego anima a Xunta a que defenda a lingua e cultura galegas nas institucións comunitarias e que non actúe como un lobby de presión contra os intereses de Galiza.
Que plurilingüismo é ese?
Ademais, como puntualmente informou Queremos Galego e demostran diversos testemuños gráficos, a delegación desta plataforma mantivo encontros non só cun eurodeputado liberal de Finlandia, como di o informe da Xunta, senón con representantes de varios grupos do Parlamento Europeo, membros do Intergrupo de Linguas. A ese respecto, é significativo que o Intergrupo de Linguas se reunise por vez primeira na súa historia en Bruxelas, de forma extraordinaria, e por solidaridade coa grave situación da nosa cultura, para acoller a delegación desta plataforma cidadá que agrupa a máis de 700 entidades do máis diverso tipo.
Tal encontro tivo os seus froitos xa inmediatos, pois varios eurodeputados e varias eurodeputadas, dos Grupos do Partido Socialista Europeo, do Grupo Liberal e Demócrata (ALDE) e do grupo Verdes-Alianza Libre Europea/ALE ofrecéronse a tramitar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea denunciando a actual política da Xunta en relación co galego.
Hai que subliñar que todos e cada un dos encontros que mantivo a delegación, tanto con representantes das institucións comunitarias como dos diferentes grupos do Europarlamento, consideraron que o plurilingüismo que di defender o Goberno galego con ese decreto para o ensino non se corresponde con ningún modelo de plurilingüismo recoñecido ou amparado polas institucións comunitarias, senón que mesmo contraría acordos do Parlamento europeo e boas prácticas para a diversidade lingüística e cultural nos sistemas educativos.
Cómpre lembrar que o Parlamento Europeo, en 2009, elaborou un informe sobre o Multilingüismo que recolle moitas das teses que nuclean o traballo de Queremos Galego e que contradín os eixos deste decretazo que a Xunta de Núñez Feijóo quere impor de forma unilateral.
sexta-feira, 16 de abril de 2010
para denunciar as políticas de desmantelamento de oficialidade do galego
[13/04/2010]
O Presidente da Mesa, Carlos Callón, participa da representación galega que se reunirá esta tarde cun alto representante da Comisaria de Educación e Multilingüismo da UE
Hoxe ás 19 horas terá lugar un acto aberto sobre a situación da lingua galega no que tamén se dará a coñecer a Plataforma Queremos Galego: será na Libraría galego-portuguesa Orféu de Bruxelas.
Hoxe e mañá 14 de abril unha delegación da Plataforma cidadá Queremos Galego percorrerá distintas instancias internacionais no ámbito da UE, o Parlamento e o Consello de Europa ou a UNESCO, para dar a coñecer e denunciar as "políticas activas de desmantelamento da oficialidade do galego e de ataque sistemático á lingua e á cultura propias" impulsadas, ao xuízo da plataforma, desde o goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo.
A representación de Queremos Galego está formada polo Presidente da Mesa, Carlos Callón; o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao; e o Deputado do BNG no Parlamento, portavoz en materia de Lingua, Bieito Lobeira. Estaba tamén prevista a participación -non posíbel finalmente -da actriz Isabel Risco.
Unha "apertadísima axenda", segundo se explicou no día de onte en comparecencia diante dos medios en Santiago de Compostela para dar conta da viaxe, levará estes representantes de Queremos Galego a encontros e xestións diante de diferentes instancias no ámbito europeo e da UNESCO.
A primeira das reunións terá xa lugar esta mesma tarde, ás 17.30, con Jonathan Hill, alto representante da Comisaria de Educación, Cultura e Multilingüismo da UE. Con posterioridade, ás 19 horas, organízase un acto aberto coa comunidade galega residente en Bruxelas, ás 19 horas, na Libraría galego-portuguesa Orféu.
A visita complétase mañá coa entrega dun "relatorio de denuncia" sobre a situación actual da lingua galega diante da sede que a UNESCO ten en Bruxelas e, a seguir, cunha conferencia de imprensa e unha serie de encontros con deputadas/os da Alianza Libre Europea de diferentes territorios da UE con linguas non normalizadas, así como con representantes doutras forzas.
Tamén mañá terá lugar unha reunión especial do Intergrupo de Comunidades Nacionais e Linguas do Parlamento europeo para tratar o caso do galego. Nesta reunión, sen dúbida histórica polo seu carácter monográfico, comparecerá a delegación da plataforma.
Información recollida en "A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA"
quarta-feira, 14 de abril de 2010
domingo, 11 de abril de 2010
O IDIOMA GALEGO
Seica o meu idioma está perdido e morrerá unha noite de tantas, quizais no silencio. O problema do galego é moi grave, son séculos de escuridade os que nos pexan coma se fosen un lastre. Destinado a caer vítima do verdugo, agarda a que pare de soar o redobre de tambor.
Só unha cousa me da voltas: A puta diglosia, está tan agarrada no meu inconsciente que non son quen de mirala cara a cara. Síntome partida pola metade a cachapernas entre dous idiomas.
A desigualdade do galego perante o castelán é moi inxusta, na situación de fillo dun deus menor está obrigado a situarse por debaixo da lingua foránea. A dominación imaxinaria creou unha xerarquización por puro interese económico e social.
Desleigados inconscientemente da terra que pisamos. Xa é hora de que usemos a nosa fala na rúa, de que a poñamos no lugar que lle corresponde na política, na sociedade actual e no corazón de todo galego. Porque sen idioma non somos nada, non teriamos o dereito de chamarnos GALEGOS.
rosanegra
quarta-feira, 7 de abril de 2010
Poema homenaxe a Ramón Cabanillas
Quizais o arrecendo a terra mollada
foi quen de modular nun son
as verbas que se lle axuntaban na cordame
percorrendo a sensación de liberdade
coma se fose unha gaivota que vai cara o mar
Quizais, nas lousas do chan de Fefiñáns
haxa un antonte e acéndase unha lumieira
nesta noite, noitebra
de medos e corvos que nos empurran
ao OCASO “ Da terra asoballada”
O tempo semella que é un rapsodo e declama
...” Galicia está cansa,
soia cos seus pensamentos.
Non chora; secouse a fonte.
Ten as serpes chuchándolle os peitos...”
As palabras do poeta baten nos ouvidos
doentes, e síntome máis náufraga
pois os pirotécnicos seguen aí
atentándonos coas cinchas
e a choiva trae apegado un agoiro de matricidio
Mais eu, irredenta gabearei polos montes abertos
e percorrerei a sensación de liberdade
coma se fose unha gaivota que vai cara o mar
e igual que Ramón berrarei:
“...¡irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega
¡cantémo-lo dereito
a libre, nova vida!...”
Cruz Martínez
terça-feira, 6 de abril de 2010
FESTIVAL CONTRA O DECRETAZO

- Forga: Avda Aeroporto, 92-1º -36206- Vigo. Preguntar por Xoán Colazo
- CIG - Federación de Ensino: Gregorio Espino, 47 baixo -36205 – Vigo.
- BNG: Celso Emilio Ferreiro, 3 Vigo.
- A Nosa Terra r/ Príncipe, 22 -36201- Vigo
- Tipo Vigo Discos: r/ López Mora, 47 – 36211 - Vigo 986 29 96 93
- Libraría Mendinho: Avda Castelao, 7 -36208- Vigo 986 29 67 02
- Libraría Cartabón: Urzáiz, 125 -36205 – Vigo 986 37 28 83
- Libraría Andel: r/ Pintor Lugrís, 10 -36211- Vigo
- Fruitas Vilar: Avda. Castelao, 43-45 baixo
r/ José Antela Conde, 2 – Calvario
Avda. Castrelos, 40
- As. Veciñal de Teis. Preguntar por Anxo Igrexas.
- Comunidade de Montes de Teis. Preguntar por Manuel.
- Batallón, bar de copas. r/ Martín Códax, 17 -36201 –Vigo
- Café Uf!
terça-feira, 23 de março de 2010
Un decreto que se contralexisla
http://www.xornal.com/opinions/2010/03/20/Opinion/decreto-contralexisla/2010032012354600320.html
http://www.vieiros.com/columnas/opinion/1144/carta-aberta-a-don-anxo-lorenzo
segunda-feira, 15 de março de 2010
Imaxes da Concentración de hoxe
15 de Marzo, diante do Marco (Vigo).
Unha vez máis saímos á rúa para loitar polo noso idioma e farémolo as veces que sexa necesario. Non permitiremos que nos arrinquen a nosa identidade. Morreremos pelexando!. Endexamais seremos escravos da ignorancia dos que renegan da terra. Xa está ben de aldraxes!. Somos unha nación ceibe, cunha lingua propia e a nosa voz soará ben forte e clara: Na Galiza en galego!
sexta-feira, 26 de fevereiro de 2010
Falso progressismo de Rosa Diez monstra o seu rosto mais racista
Realmente estas declaraçons nom surpreendem, pois nom é a primeira vez que Rosa Díez valoriza publicamente a galeguidade de um jeito negativo e despectivo. Realmente só manifestou em voza alta o que o espanholismo, em todas as suas variantes, pensa e difunde desde há séculos, consubstancial ao seu projecto imperialista.
Mas sim devem servir para tirar de umha vez por todas a carauta ao projecto político que Rosa Díez representa e dirige, a organizaçom Unión Progreso y Democracia. Um projecto político baseado na recuperaçom sem complexos do espanholismo mais exlcluinte, centralista, chouvinista e racista, com umhas posiçons cada dia mais próximas da extrema direita apesar do disfarce moderno e progressista que UPyD quer aparentar.
UPyD é a organizaçom política que abandeira este espanholismo rançoso e populista, centrando a sua intervençom política no ataque permanente às línguas, às identidades e às luitas dos povos oprimidos polo Estado espanhol e na reivindicaçom de umha completa recentralizaçom do mesmo. Na Galiza demonstrou-no plenamente o ano passado, apoiando a manifestaçom galegófoba dos sipaios de Galicia Bilingüe, junto com o PP ou a Falange.
Mas esta nom é só a postura xenófoba de umha organizaçom concreta, é a visom que o Estado espanhol promoveu historicamente de mil e umha maneiras, para fomentar o auto-ódio no nosso Povo e justificar a sua dominaçom imperialista. UPyD só representa a expressom mais aberta deste projecto imperialista que basicamente encarna PP e PSOE.
É o projecto imperialista espanhol, nom só estas declaraçons, o que o Povo Trabalhador Galego tem que rejeitar e superar.
Galiza, 26 de Fevereiro d 2010
Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular
NÓS-Unidade Popular,nosgaliza@nosgaliza.org
Texto enviado por Foni
segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010
Galiza
Terra amada, humillada, explotada...
berra rouca, xa está cansa
non ten quen chore por ela
non ten quen loite por ela
xa é emigrante, e forasteira
a súa lingua cheira coa podremia
de todo o mofo do tempo que aniñou na verba
e cortoulle o sangue...
cun arame de espiños para que morrera.
Terra amada...
atacada, ignorada
berra feble, xa está cansa
xa non ten quen chore por ela
nin quen loite...os seus fillos renegan
non hai causa, séntena allea...
e no silencio acubíllaa un paxaro azul
que voa coas ás do vento cara ao ceo
Galiza soña e adormece, un longo soño
de treboada e inferno.
Durma terra amada!...
non colo da saudade e da esperanza.
rosanegra
sábado, 6 de fevereiro de 2010
sexta-feira, 5 de fevereiro de 2010
55 mentiras sobre a lingua galega
Fotos do acto de presentación do libro de ProLingua, na Casa Galega da Cultura en Vigo.
"ANÁLISE DOS PREXUÍZOS MÁIS COMÚNS QUE DIFUNDEN OS INIMIGOS DO IDIOMA".
quinta-feira, 4 de fevereiro de 2010
terça-feira, 2 de fevereiro de 2010
domingo, 24 de janeiro de 2010
O 21 en Compostela
A quen pretende enganar? como pensa levar adiante un proxecto sen medios económicos suficientes, nin recursos materiais e humanos. Para implantar 1/3 de cada idioma en materias educativas fomentando un plurilingüísmo ( así o chama el ), se sabemos todos que ao final... só darán as clases en castelán (monolingüísmo). A que vén a teima co inglés... se xa semella que o quere elevar ao grao de lingua oficial, un idioma extranxeiro que debería ser opcional ( agás a materia propia, por suposto)... e que vai pasar co galego, idioma propio de Galiza? rebaixado e denigrado, perdendo os poucos dereitos que conseguira. E o portugués? tamén terían que dar materias neste idioma para ser xustos coa filosofía plurilingüísta... cada día están máis tolos... isto xa é a terra de ninguén.